Neste taller investigarase e ofreceranse ferramentas que favorecen a interpretación diante da cámara. A posibilidade de adestrar no medio audiovisual, moitas veces depende de acceder ou non a papeis televisivos ou cinematográficos. Aquí investigaremos, probaremos e traballaremos para ter ferramentas e SER libres diante da cámara.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Seminario de interpretación "Polo camiño do teatro vivo". Teoría e práctica no sistema de Stanislavski
Coa patrocinio da Fundación AISGE e coa inestimable colaboración da Fundación SGAE convocamos este taller co mestre Raúl Rodríguez da Silva. O 27, 28 e 29 de outubro en Santiago de Compostela
Taller de dramaturxia actoral con Eva Redondo. 20 e 21 de xullo / Ribadavia
Co patrocinio da Fundación AISGE e en colaboración coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presentamos este taller no marco da Mostra, que este ano acada a súa 39ª Edición
Universos para paseantes. Obradoiro de movemento con Rut Balbís. 12, 13 e 14 de xuño / Santiago de Compostela
Co patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración do Centro Dramático Galego convocamos este obradoiro no que queremos abrir un espazo ó reencontro co noso corpo, un corpo en constante cambio, convidándovos a unha práctica que nos leve dende o movemento máis consciente ó máis instintivo. Un tempo onde poidamos parar e escoitar, redescubrir e dar espazo ás nosas propias fronteiras corporais.
A creación microbiótica. Taller de Cociña Escénica con David Espinosa. 17 e 18 de abril / Santiago de Compostela
Coa patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da Fundación SGAE, presentamos este taller con David Espinosa. Un estudo sobre a construción escénica interdisciplinar, xogando cos diferentes elementos que a compoñen (actor-corpo, espectador, espazo, tempo), para explorar os límites do teatral e cuestionar a idea de representación. Articulando os conceptos de escala, presenza virtual e acción real, elaboraremos materiais e discursos propios que exploten o seu potencial escénico.
A memoria dos obxectos. Taller de Teatro de obxectos: O xogo, a lembranza e a creación. Con Xavier Bobés (cía Playground) 19 e 20 de xullo / Ribadavia
Coa colaboración da Fundación AISGE, no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, convocamos este obradoiro de teatro de obxectos.
Todo aquilo que nos rodea na nosa vida cotiá reflicte as nosas dúbidas, medos, alegrías...
E todos estes obxectos que nos rodean teñen unha forma, unha cor, un peso, un volume…que nos retrata.
Taller de interpretación. Laboratorio escénico de Los Colochos Teatro con Juan Carrillo. Do 19 ao 23 de abril.
Co patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da Fundación SGAE, convocamos este taller de 25 horas lectivas dirixido a a intérpretes que queiran perfeccionar ao seu traballo actoral e a toda persoa interesada na interpretación teatral
Obradoiro de voz con María Costas
Co inestimable patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da Fundación SGAE e da Agadic-Xunta de Galicia presentamos este obradoiro no que procuraremos estratexias para facer a nosa voz máis sonora dun xeito san e sostible.
1, 2, 9 e 10 de decembro en Santiago de Compostela
Taller de competencia lingüística con Rosa Moledo
Co patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da Agadic-Xunta de Galicia presentamos este obradoiro coa especialista en tradución audiovisual Rosa Moledo, con 5 sesións de 5 horas os días 3, 10, 11, 17 e 18 de decembro en Santiago de Compostela