Este taller dirixido a actores/actrices, directores/as e dramaturgos/as é unha oportunidade para achegarse a procesos de creación colectiva onde o actor ou actriz ten un rol fundamental, xa que ha de xerar e organizar o material escénico traballando desde a súa individualidade, os seus referentes e a súa visión do mundo.