A Asociación

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando os actores, actrices, directores e directoras de Galicia

Política de cookies

Que é unha cookie?

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se garda no teu navegador cando visitas case calquera web. A súa utilidade é que esta lembre a túa visita e garde algunha información básica de ti, para que teñas unha mellor experiencia cando volvas navegar por ela.

Para os efectos legais en Europa, sistemas alternativos ás cookies, como Local Storage (onde a información non se garda nun servidor, senón no teu navegador), teñen a mesma regulamentación.

Que información gardan?

As cookies adoitan gardar información de carácter técnico, preferencias persoais, información para a personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns ás redes sociais, o teu acceso como usuario, etc. O seu obxectivo é adaptar o contido da web ao teu perfil e ás túas necesidades. Sen cookies, os servizos ofrecidos por calquera páxina veríanse eivados notablemente.

Non adoitan gardar información realmente importante sobre ti, nin tarxetas de crédito ou datos bancarios, nin fotografías, nin o teu DNI nin información persoal. Os datos que gardan son só de carácter técnico sobre as túas preferencias de acceso á web (idioma, tipo de perfil, etc.), contidos que xa tes visto, páxinas que visitas, etcétera.

Esta información non queda asociada a ti persoalmente (ao teu nome), senón ao navegador do teu ordenador ou móbil. De feito, se adoitas navegar co ordenador e probas a facelo co móbil, ou se mudas de navegador, comprobarás que a web non se dá conta de que es a mesma persoa e vas ter que escoller idioma de novo e seleccionar cousas que xa seleccionaras no outro dispositivo. Ou sexa, a cookie dáse conta de cal é a máquina que a está consultando, non o humano que está detrás.

Que cookies emprega esta web?

Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos indicámosche as cookies que emprega esta web.

Esta web utiliza as seguintes cookies propias:

  • Cookie de idioma, para identificar a lingua na que estás a navegar.

E estas cookies de terceiros:

  • Redes sociais: as redes sociais empregan as súas propias cookies para que poidas clicar en botóns do tipo Gústame de Facebook ou Compartir en Twitter.

Queres evitar as cookies?

Podes restrinxir, bloquear ou borrar as cookies de calquera web que utilices configurando o teu navegador para iso. En cada navegador, a operativa que tes que seguir é diferente, pero a función de 'Axuda' do seu soporte técnico amosarache como facelo en cada un destes casos:

Tes máis dúbidas sobre as cookies nesta web?

Para calquera dúbida ou consulta sobre o uso de cookies nesta web, non dubides en contactarnos.

Tipos xenéricos de cookies

Por entidade cesora do dominio

  • Cookies propias: as xeradas pola propia páxina que estás a visitar (neste caso, aaag.gal)
  • Cookies de terceiros: aquelas xeradas por servizos ou provedores externos como son Facebook, Twitter, Google, etcétera.

Polo seu tempo de permanencia

  • Cookies de sesión: desde que entras nunha web ata que saes dela.
  • Cookies persistentes: as que quedan gardadas para vindeiras visitas.

Pola súa finalidade

  • Cookies técnicas, as máis elementais e que permiten, entre outras cousas, saber cando está navegando un humano ou unha aplicación automatizada, cando navega un usuario anónimo e un rexistrado, etcétera. É dicir, tarefas básicas para o funcionamento de calquera web dinámica.
  • Cookies de personalización, que recollen as preferencias de uso do usuario como, por exemplo, a lingua que escolleu para navegar na web.
  • Cookies de análise, recollen información sobre o tipo de navegación que estás a realizar, as seccións que máis empregas, os produtos consultados, franxa horaria de uso, idioma, etc.
  • Cookies de publicidade, presentan publicidade en función do teu navegador, o país desde onde te conectas, o idioma que tes marcado como preferente, etcétera.
  • Cookies de publicidade comportamental, que recaban información sobre os gustos e intereses que amosas durante a navegación da web e amosan os anuncios que máis se adecúan a eles.

Información complementaria e xenérica sobre cookies

A responsabilidade sobre a privacidade e sobre o contido das cookies de terceiros é deses terceiros. O CPXG non é responsable delas.

Tampouco é responsabilidade do CPXG que os navegadores eliminen ou desactiven correctamente as cookies cando llelo pides: eles son os encargados de facelo.

Nalgúns casos pode darse o caso de que cada vez que entres nunha web vexas o aviso de cookies. Iso é porque quen controla que decidiches non aceptar as cookies é precisamente unha cookie, aínda que pareza un paradoxo.