Volver

A ópera dos tres reás

Sinopse

Baseada na peza do dramaturgo inglés John Gay A ópera do mendigo (1728), a obra constitíu o éxito teatral más importante de Brecht. Ás formulaciones escénicas do dramaturgo alemán uniuse unha fascinante partitura composta por Kurt Weill, na que incorporou cabaret, jazz e música culta, aínda que satirizada. Algúns dos seus temas musicais adquiriron grande éxito por si mesmas, como A balada de Mackie o Navalla, Jenny a dos piratas, A canción dos canóns, Barbara song e A balada do bordel que foron inmortalizados por grandes cantantes como Louis Armstrong, Edith Piaff, Nina Hagen, Tom Waits, Ute Lemper, Sting... Brecht sitúa no Londres dos anos 20 un mundo de delincuencia, crise, prostitución, miseria e abusos, no que o popular delincuente Mackie Messer seduce a filla do rei dos mendigos. Unha voda nunha corte é o detonante dunha carreira vertixinosa en que os mendigos, as prostitutas e a policía comparten protagonismo, audacias e un final sorprendente. Música e palabra, da man, ofrecen unha obra que busca o goce xunto á reflexión.

Web:

http://www.centrodramatico.org

Candidaturas

  • Maquillaxe : Trini F. Silva Premiado/a
  • Vestiario : Carlos Alonso Premiado/a
  • Actriz Protagonista : Muriel Sánchez
  • Actriz Secundaria : Mónica de Nut

Compañía

Centro Dramático Galego

Contacto