Volver

Perplexo

Sinopse

Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións, mais ao pouco de entrar perciben nela pequenos pero estraños cambios: unha nova planta aparece na cociña, o seu gato non está por ningures e a luz está cortada por falta de pago, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando esta nova parella aparece en escena a situación da un xiro, pois semella que eles son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda. A perplexidade de Laura e Fernando ante a nova situación transfórmase en aceptación, rematando por retirarse da vivenda… de quen é realmente a casa? Quen son realmente eles? Tiveron algunha vez un gato? Cando Laura e Fernando volven aparecer na casa, fano baixo o rol do fillo e da au-pair da outra parella. A partir deste momento a peza sucederase nun continuo xogo de intercambio de roles, onde o espectador será trasladado a un vertixinoso devir de escenas onde os actores-personaxes deberán transformarse para adecuarse a unha realidade en constante cambio. O teatro pasa a converterse nunha metáfora da nosa realidade actual, onde todos temos que impoñernos determinadas máscaras sociais para facer fronte ás novas situacións que a vida nos presenta. A cuestión é: que queda de nós mesmos ante esta vertixe de personalidades múltiples? Quen somos realmente?

Candidaturas

  • Maquillaxe : ilMaquinario Teatro
  • Vestiario : Yaiza Pinillos Premiado/a
  • Iluminación : Tito Asorey/Germán Gundín Premiado/a
  • Escenografía : Luis Iglesias "Luchi"
  • Adaptación/Tradución : Catuxa Pato / Tito Asorey Premiado/a
  • Actor Protagonista : Fernando González
  • Actor Protagonista : Fran Lareu
  • Actriz Protagonista : Laura Míguez
  • Actriz Protagonista : Melania Cruz
  • Dirección : Tito Asorey Premiado/a
  • Espectáculo Premiado/a

Compañía

ilMaquinario Teatro

Contacto