Volver

Bobas & Galegas (Mofa & Befa no Século de Ouro)

Sinopse

Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. ¿Quen é a víctima? O inocente teatro clásico español. Tras Almagro, a vinganza exténdese por todos os escenarios da península. Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. Tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva. ¿Cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos. Poden transformarse, para lograr os seus fins, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, bobas ou galegas. Quico Cadaval

Web:

http://excentricas.net

Candidaturas

  • Vestiario : Cloti Vaello
  • Iluminación : Baltasar Patiño
  • Escenografía : Baltasar Patiño
  • Música Orixinal : Fernando Reyes
  • Texto Orixinal : Quico Cadaval Premiado/a
  • Actor Protagonista : Evaristo Calvo
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Dirección : Quico Cadaval
  • Espectáculo

Compañía

Producións Teatráis Excéntricas

Contacto