Coralia e Maruxa nun banco da Alameda
Volver

Voaxa e Carmín

Sinopse

Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas… Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Comeza así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.​ ​Voaxa e Carmín​ ​é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. ​Son moitas as persoas que día a día se fotografían coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais…. saben esas persoas a crúa historia que hai detrás delas?​​

Web:

http://butacazero.wixsite.com/galego/voaxa-e-carm-n

Candidaturas

  • Espectáculo : Voaxa e Carmín
  • Actriz Protagonista : Mabel Rivera
  • Actriz Protagonista : Belén Constenla
  • Maquillaxe : Trini F. Silva Premiado/a
  • Vestiario : Mari Seoane Premiado/a
  • Iluminación : Javier Quintana
  • Escenografía : Roi Fernández (SrPause Cinescapismo) e Marcelino de Santiago (Kukas)
  • Texto Orixinal : Esther F. Carrodeguas
  • Dirección : Xavier Castiñeira

Compañía

ButacaZero

Data estrea:

19 xullo 2016

Contacto

Descargar programa