Loló e Mamá: Para iso estou aquí.
Volver

Loló e Mamá

Sinopse

Mamá queda no paro e decide instálase na casa da súa filla, Loló, a un océano de distancia. Mais o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? De que maneira conviven agora coa loita cotiá, contra o aburrimento, unha nai que foi reporteira de guerra e que agora non ten nada que contar... e unha filla, que fronte á ausencia da súa nai, estruturou a súa vida a base de loita individual? Canto tempo pode pasar ata que estoupe a guerrilla familiar? Loló e Mamá é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre filo: canto máis se ama, máis doen as cousas, antes de curar. >

Web:

https://www.youtube.com/watch?v=CvVD9Q395KA

Candidaturas

  • Espectáculo : Loló e Mamá
  • Actriz Protagonista : Stephy Llaryora
  • Actriz Protagonista : Josi Lage
  • Maquillaxe : De Ste Xeito Producións
  • Vestiario : De Ste Xeito Producións, Esther F. Carrodeguas
  • Iluminación : Javier Quintana
  • Escenografía : Esther F.Carrodeguas
  • Música Orixinal : Esther F. Carrodeguas
  • Texto Orixinal : Esther F. Carrodeguas
  • Dirección : Esther F. Carrodeguas

Compañía

De Ste Xeito

Data estrea:

20 Abril 2018

Contacto

Descargar programa