IMMA ANTÓNIO E FERNANDO TATO EN A CABEZA DO BAUTISTA
Volver

Da Avaricia, a Luxuria e a Morte

Sinopse

En “Ligazón” a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha Moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. A noite, a lúa, os cans, delinean un pacto de sangue que conducirá á morte, máis tamén á liberdade. En “A cabeza do Bautista”, o patriótico indiano retornado fuxindo de xustizas, e despois da boa e incomprendida acción de dotar a un pobo inculto de bar e billares, se reencontra co seu pasado encarnado no fillo da finada, que chega con intencións retortas de recuperar herdanzas e numerarios. O golpe so ten unha saída, e pasa por transportar ao forasteiro á cova. A conseguilo se aplica con esmero a Pepona, que con esa acción quedará irremisiblemente unida ao destino do indiano. Pero no intre final todo se disloca e o que debería ser morte faise vida nun sen remedio. En “A rosa de papel” asistimos á agonía dunha traviata desesperada polo seu mal casar e contrariada porque o billetaxe dos seus aforros será malgastado por un mal home borrachón e anarquista. Cando o condenado regresa de encargar os divinos, en descubrindo as carnes brancas da defunta, entre os viños evaporados e os delirios desencaixados, súbenlle ao caletre todos os putrefactos desexos carnais e necrofílicos, pero o lume da fragua vai coller fachendas de redención e acabará con todo.

Web:

http://www.teatrodonoroeste.com/obra.php?idObra=63

Candidaturas

  • Espectáculo : Da Avaricia, a Luxuria e a Morte
  • Actor Secundario : Fernando Tato
  • Actriz Secundaria : Luma Gómez
  • Actriz Secundaria : Imma António
  • Actor Protagonista : Miguel Pernas
  • Actriz Protagonista : Manuela Varela
  • Maquillaxe : Teatro do Noroeste
  • Vestiario : Antonio F. Simón
  • Iluminación : Eduardo Alonso
  • Escenografía : Antonio F. Simón
  • Música Orixinal : Bernardo Martínez
  • Adaptación/Tradución : Manuel Guede Oliva
  • Dirección : Eduardo Alonso

Compañía

Teatro do Noroeste

Data estrea:

28/09/2018

Contacto

Descargar programa