Dúas donas que bailan
Volver

Dúas donas que bailan

Sinopse

Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos, cos que non mantén moi boa relación, e tamén do dono do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario non ten nada que envexar se o comparamos co da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza desta muller non é ben recibida, e cada xornada convértese nun inquietante e por veces cómico “toma e daca”, que vai evolucionando sorprendentemente a cada instante. Neste novo agasallo teatral, Benet i Jornet fainos compartir o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes, nunha viaxe intensa, divertida, brutalmente conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacábeis embates da sociedade insensíbel e cruel na que lles tocou habitar

Web:

http://www.teatrodoatlantico.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Dúas donas que bailan
  • Actriz Protagonista : María Barcala
  • Actriz Protagonista : Mª Ángeles Iglesias
  • Vestiario : Susa Porto
  • Iluminación : Xúlio Lago / Antonio Simón
  • Escenografía : Antonio F.Simón
  • Adaptación/Tradución : Aleixandre Lago
  • Dirección : Xúlio Lago

Compañía

Teatro do Atlántico

Data estrea:

19/10/2018

Contacto

Descargar programa