Nómades 1
Volver

Nómades

Sinopse

Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…? Nómades é un espectáculo de carácter visual dirixido a tódolos públicos: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente , sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.

Web:

http://www.xaropetulu.com

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Nómades
  • Actor Secundario : Diego M. Buceta
  • Actriz Secundaria : María Roja
  • Actriz Protagonista : Atenea García
  • Vestiario : Marte Martinka
  • Iluminación : Laura Romero Iturralde
  • Escenografía : Nicolás Zamorano
  • Música Orixinal : Nicolás Zamorano
  • Texto Orixinal : Gena Baamonde, Atenea García, María Roja, Diego M. Buceta e Nicolás Zamorano
  • Dirección : Gena Baamonde

Compañía

Xarope Tulú

Data estrea:

03/07/18

Contacto

Descargar programa