Malasombra Os Fabulosos Cleaners 01
Volver

Os Fabulosos Cleaners 2018

Sinopse

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Web:

http://www.malasombra.gal

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Os Fabulosos Cleaners 2018
  • Actor Secundario : Jouse García
  • Actor Protagonista : Xoque Carbajal
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : Xoque Carbajal
  • Dirección : Xoque Carbajal e Marcos Orsi

Compañía

Malasombra Producións

Data estrea:

05 de maio de 2018 no Teatro Colón

Contacto

Descargar programa