GATA GATUNA
Volver

A gata con zocos

Sinopse

A GATA CON ZOCOS é unha comedia musical baseada no conto tradicional O GATO CON BOTAS. Recupérase a figura orixinal dunha gata máxica do conto de Perrault. Este espectáculo está pensado para ser realizado con banda de música, sendo esta particularidade un dos seus atractivos. O señor HERDEIRO DE CARABÁS, recibe do seu finado pai un circo en bancarrota, no que recae unha hipoteca que manexa DON CASIO. O pobre HERDEIRO vese abandonado polos músicos e músicas da súa banda e até polas artistas do circo (interpretadas por títeres de mesa). A GATA, que tras adquirir poderes máxicos calzando uns zocos, comeza a realizar unha serie de artimañas para converter ó HERDEIRO no grande MARQUÉS DE CARABÁS. Convence ó pobo, ó público, á banda... de que o MARQUÉS é un home riquísimo!! O poucos todo volta ó seu lugar...unha GATA moi gatuna que reivindica os dereitos das felinas! MIAU!

Web:

https://acovadasletras.wordpress.com/

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : A gata con zocos
  • Actor Protagonista : Anxo García
  • Actriz Protagonista : Cristina Collazo
  • Maquillaxe : María Peinado
  • Vestiario : La Canalla
  • Iluminación : Fidel Vázquez
  • Escenografía : Anxo García
  • Música Orixinal : Manuel Paino
  • Adaptación/Tradución : Cristina Collazo
  • Dirección : Cristina Collazo e María Peinado

Compañía

A COVA DAS LETRAS

Data estrea:

6 de xaneiro do 2018

Contacto

Descargar programa