-
Volver

Nimiedades

Sinopse

Escoitánse uns pasos. Clac, clac, clac. Dúas figuras grises e de ombros caídos aparecen en escena. Levantan a mirada. Teñen as caras moi brancas. Parecen tristes? Bam! Vaise a luz. ...e volve. Alí no chan quedan dúas aletas de mergullo. Que foi o que pasou? Nimiedades son 13 caixas de agasallo. 13 accións escénicas levadas a cabo por Helen Bertels e Mónica de Nut. Darán entrada a un universo feminino. A un mundo afastado e próximo á vez. Un mundo de adiviñanzas, paradoxos, choros e risas. Un mundo que dea forza e faga fuxir ao medo. Un universo circular no que a escuridade non é apartada e maldita, no que é permitido chorar tódolos días se fai falla e no que podemos facelo ridículo todo o que queiramos.

Web:

http://www.helenbertels.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Nimiedades
  • Actriz Protagonista : Mónica de Nut
  • Actriz Protagonista : Helen Bertels
  • Vestiario : Helen Bertels
  • Iluminación : Afonso Castro
  • Música Orixinal : Mónica de Nut
  • Texto Orixinal : Helen Bertels
  • Dirección : Helen Bertels

Compañía

Helen Bertels

Data estrea:

9-10 marzo 2018

Contacto