Sofía e as Postsocráticas-(o efecto espectador)
Volver

Sofía e as Postsocráticas

Sinopse

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coas personaxes e mediante o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming (culpabilizar á vítima), a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transitan as nosas personaxes.

Web:

http://www.inversateatro.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Sofía e as Postsocráticas
  • Actriz Secundaria : Marta Pérez
  • Actriz Protagonista : María Roja
  • Actriz Protagonista : Silvia Penas
  • Iluminación : Ángel Sousa
  • Escenografía : Montse Piñeiro, Laura Iturralde, Gonzalo Alonso
  • Música Orixinal : Jesús Andrés Tejada
  • Texto Orixinal : Marta Pérez, Silvia Penas, María Roja
  • Dirección : Marta Pérez, Santi Romay

Compañía

Inversa Teatro

Data estrea:

05-12-2018

Contacto

Descargar programa