Conferencia sobre Mª Victoria Moreno
Volver

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

Sinopse

Este espectáculo é unha homenaxe a todas as persoas que nos arroupan e nos dan guía. A todas esas figuras que, estean presentes ou non, nos serven de compás e nos fan medrar. Ás mestras de vida, encarnadas para nós en María Victoria Moreno, sempre entregada nas aulas e nos libros, sempre apaixonada, comprometida e honesta. Esta é unha peza creada sobre un concienzudo traballo de documentación, mais o seu obxectivo non é facer unha enumeración de feitos, datas e títulos. O noso labor é facerlle a María Victoria Moreno e ás nosas outras mestras de vida o agasallo que merecen: poesía, amor, fantasía e humor. Este espectáculo é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, escritora, mestra, loitadora, artista, defensora da lingua, pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Muller que sempre viaxou a contracorrente. Mestra apaixonada polo ensino, namorada da boa literatura, e de escoitar e de falar cos cachorros dos humáns, como lle gustaba chamar ó seu alumnado. María Victoria foi unha gran sementadora de futuro, que explorou a cotío camiños diferentes na procura de mundos mellores para ás persoas que viñamos detrás. Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos camiña polo escenario da man de María Victoria para revelar estados de ánimo, universos de imaxes e letras, de mulleres que viaxan a contracorrente, de accións e camiños por camiñar.

Web:

http://matrioshkateatro.wixsite.com/matrioshka/senora-que

Candidaturas

  • Espectáculo : Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos
  • Actriz Secundaria : Chelo do Rejo
  • Actriz Secundaria : Anabell Gago
  • Actriz Protagonista : Lorena Conde
  • Vestiario : Lorena Conde
  • Escenografía : Lorena Conde
  • Música Orixinal : Manuel Abraldes
  • Texto Orixinal : Lorena Conde, Chelo do Rejo, Anabell Gago, e fragmentos de María Victoria Moreno
  • Dirección : Gena Baamonde

Compañía

Matrioshka Teatro

Data estrea:

20/04/2018

Contacto

Descargar programa