MXM 01
Volver

MEDIDA X MEDIDA

Sinopse

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella , a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante. Neste 15º aniversario da sua fundación, Excéntricas convida novamente un autor que nunca pasa de moda para colaborar no novo espectáculo. Trátase de William Shakespeare, que xa ficara moi satisfeito da anterior colaboración, o triunfante espectáculo "Shakespeare para ignorantes". Lembramos a William despois da función no festival de Almagro con bágoas nos ollos: "Asi! Así! Por fin alguén entende a miña obra" Aquel era un espectáculo de fragmentos escollidos, nesta ocasión imos por na escena unha obra enteira, a sofocante, divertida, enigmática e vitriólica: "Medida x Medida" Unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre. No reparto están Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira (que xa protagonizaran Shakespeare para ignorantes) e na dirección Quico Cadaval que xa colaborara co autor inglés na exitosa Noite de Reis do CDG. A escenografía e o vestiario é cousa de Suso Montero (que xa colaborara con Excéntricas na multipremiada “A Cabeza do Dragón”), o espazo lumínico é obra de Dan Juncal e a dirección musical de Bernardo Martínez. Medida x Medida é unha coprodución co FIOT co apoio de Agadic.

Web:

http://www.excentricas.net

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actor Secundario : Víctor Mosqueira
  • Actor Secundario : Josito Porto Premiado/a
  • Actor Secundario : Santi Romay
  • Actriz Secundaria : Patricia Vázquez
  • Actriz Secundaria : María Costas
  • Actor Protagonista : Evaristo Calvo
  • Actriz Protagonista : Melania Cruz
  • Vestiario : Suso Montero
  • Iluminación : Dani Juncal
  • Escenografía : Suso Montero
  • Música Orixinal : Bernardo Martínez
  • Adaptación/Tradución : Quico Cadaval
  • Dirección : Quico Cadaval
  • Espectáculo : Medida x Medida

Compañía

Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co FIOT Carballo

Data estrea:

04/10/2019

Contacto

Descargar programa