Quero cambiar
Volver

Crónicas do Paraíso

Sinopse

Madame de Nancy, Clarina e Xan Dorne viaxan cara ao funeral de Madame de Quelven acompañados polo clérigo Sochantre. Durante a noite que pasan xuntos confúndese a morte coa vida e o drama coa comedia. Na cerimonia fúnebre interprétase a música prometida en testamento polo Sochantre de Crozon a Madame de Quelven a cambio da propiedade do pomar do alto. Mais rapidamente se infrinxen as formalidades da ocasión por parte dos presentes que velan o corpo da defunta. O funeral de Madame de Quelven contextualiza un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, sexo, diñeiro e sangue. Ao ritmo do blues o crime compensa, porque o diñeiro compra todo, incluso a propia morte. Nas “Crónicas do Paraíso” ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido, o poderoso, o socialmente envexado, ese, siga eternamente vivo.

Web:

http://www.sarabelateatro.com

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actor Secundario : Fernando Dacosta
  • Actriz Secundaria : Fina Calleja
  • Actriz Secundaria : Sabela Gago
  • Actor Protagonista : Fran Lareu
  • Actriz Protagonista : Elena Seijo
  • Maquillaxe : Sarabela Teatro
  • Vestiario : Lele Martínez, Tegra Vázquez Carpentier
  • Iluminación : Baltasar Patiño
  • Escenografía : Gonçalo Guerreiro e Carolo Losada
  • Música Orixinal : Vadzim Yuknevick, Fernando Dacosta, Gonçalo Guerreiro
  • Adaptación/Tradución : Gonçalo Guerreiro, Fernando Dacosta
  • Dirección : Gonçalo Guerreiro
  • Espectáculo : Crónicas do Paraíso

Compañía

Sarabela Teatro

Data estrea:

23/09/2019

Contacto

Descargar programa