Foto1 As virxes salvaxes
Volver

As Virxes Salvaxes

Sinopse

As virxes salvaxes é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución. Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pé. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma. De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.

Web:

http://www.teatrodonoroeste.com

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actor Secundario : Fernando Gónzalez
  • Actriz Secundaria : Elina Luaces
  • Actriz Secundaria : Rosa Álvarez
  • Actriz Secundaria : Imma António
  • Actriz Secundaria : Ana Santos
  • Actriz Secundaria : Manuela Varela
  • Actor Protagonista : Miguel Pernas
  • Actriz Protagonista : Luma Gómez
  • Maquillaxe : Equipo Taetro
  • Vestiario : Luma Gómez
  • Iluminación : Eduardo Alonso
  • Escenografía : Equipo Taetro
  • Texto Orixinal : Eduardo Alonso
  • Dirección : Eduardo Alonso
  • Espectáculo : As Virxes Salvaxes

Compañía

Teatro do Noroeste

Data estrea:

14/02/2020

Contacto

Descargar programa