Volver

A compañía Elefante Elegante conducirá a gala de entrega dos XIX Premios María Casares

Elefante Elegante será a compañía encargada de conducir a gala dos XIX Premios María Casares, que se celebrará o próximo 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro, no Rosalía Castro da Coruña.

Elefante Elegante, que xa está a traballar nos detalles do espectáculo, propoñen así uns XIX Premios María Casares nos que a ambientación e a inspiración agromarán do concepto de viaxe e das súas diferentes perspectivas. “A idea do viaxe, dende diferentes puntos de vista, servirá para a ambientación dos María Casares; a gala servirá así de espello para ese xeito de vida dos actores, que vivían como viaxeiros forzados nunha época na que se movían polo mundo en troupe”, sinala a propia María Torres, que engade que esa dimensión de viaxe “entronca” cunha serie de ideas que queren tratar ao longo da gala ,como son “a itinerancia como modo de vida, a emigración ou a multiculturalidade.”

compañía, ademais, contará coa música en directo de Kibitka, formación multiinstrumental que nutre o seu repertorio con sons de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Rusia ou Galicia. Así, a banda sonora que achegará Kibitka ofrecerá a ambientación perfecta para estes María Casares viaxeiros que preparan dende Elefante Elegante, compañía que, en palabras de Torres, recibe a encarga da AAAG de conducir a gala como “unha honra”. “É, ademais, un reflexo da valoración que se fai do noso traballo, do camiño percorrido nestes anos en Galicia” Podes descargar aquí a nota de prensa completa