Volver

Un total de 32 espectáculos inscríbense nos XXII Premios de Teatro María Casares, que abren a súa primeira rolda de votacións

Aprimeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 12 de febreiro e del sairán os nomeados/as en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns

Un total de 32 espectáculos e máis de 400 profesionais concorren aos XXII Premios María Casares, galardóns de teatro organizados polaAsociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación en 1997. O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizouo pasado 8 de xaneiro rexistrando unha gran particiación. Para coñecer a listaxe completa de espectáculos que se inscribiron, preme nesta ligazón.

Tras esta primeira fase de inscrición, a AAAG inicia a primeira rolda, aberta dende xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese xeito, ademais do colectivo de membros da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e as personas nomeadas en edicións anteriores. Esta primeira rolda de votacións remataráo 12 febreiro. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer o 21 de febreiro na tradicional Festa dos Nomeados/as dos María Casares. Os votantes poden acceder a través desta ligazón

Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actorsecundario, dirección, adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación, escenografía, maquillaxe e vestiario. Durante a gala, entregarase o Premio de Honra Marisa Soto e darase a coñecer o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Este ano, a gala de entrega dos galardóns celebrarse o mércores 21de marzo no Teatro Rosalía de Castro.