Volver

María Casares: "Nunca soñei con ser actriz, non tiven tempo para soñar"

En 1985, Ursula Heinze publicaba coa editorial Xerais 'Mulleres', un libro de entrevistas nas que a escritora publicaba unha conversa con María Casares. Por cortesía da escritora e da editorial, recuperamos fragmentos daquel encontro

Comezo da Guerra Civil

"Atopabámonos en Madrid cando comezaron os sanguentos enfrontamentos e miña nai entrou nun hospital para axudar a coidar os feridos. Eu, aos meus trece anos, tamén quería entrar. Daquela meu pai dixo:

-Se queres ir ao hospital, podes facelo. Mais non como filla de Santiago Casares, senón para traballar de verdade.

E fun. Puxéronme nunha sala onde había doce feridos. Eu, naturalmente, non era enfermeira, só estaba para axudar en todo. Teño que recoñecer que todo aquilo me fixo moito ben, serviume de preparación para a miña futura vida, é evidente. Aprendín a familiarizarme coa morte e coa dor física. Serviume seguramente para aguantar máis adiante a enfermidade da miña nai e logo a de meu pai. Dúas ou tres veces vin cousas que me fixeron perder o senso. Eran vivencias fortes de máis para unha nena. Á terceira vez, díxome meu pai:

-Xa viches, querías ver e viches. Agora xa non existe ningunha razón para que quedes.

Con todo, teño moi clara unha cousa: a estancia no hospital, xunto á formación recibida dos meus pais e no Instituto-Escola, son os tres fundamentos nos que se basea a miña vida, os que me trazaron o camiño para vivir.

Formación e exilio

"Inscribinme no liceo Víctor-Duruy, nun curso de filosofía e nun curso para estranxeiras, onde quedei durante seis meses. Despois entrei nunha clase normal, aínda se me notaba bastante o acento. Paralelamente, non perdía nin unha soa clase no conservatorio, nin unha clase de dicción. É que tiña que recuperar os meus atrasos nalgunhas materias no Liceo. E ben, nese momento, a Guerra Mundial! Estalou a Guerra. Acabaramos unha guerra e chegaba outra.

Francia estaba envolta nas confrontacións e empezaron a chegar os alemáns. Meu pai non podía quedar en París. Para os alemáns el, naturalmente, non era persoa querida que digamos, unha persoa fácil para saír da historia. Preparamos o éxodo para nos instalar en Bordeos. Alí, meu pai tomou un barco para Inglaterra. Marchaban os homes, as mulleres non corrían riscos, dicían. Meu pai embarcou e miña nai e mais eu quedamos por pouco tempo en Bordeos, para volvermos a continuación as dúas a París, e alí continuei os estudos.

Traballei forte para me presentar ao conservatorio. A primeira vez que fun, dixéronme que fose aprender francés. A segunda vez colléronme como alumna oficial na clase de dicción. A Asistencia á outra clase dependía dun exame. Pasei tamén ese exame. Era o terceiro ano e por fin... Aceptáronme, aceptáronme completamente. Quedei un ano no Conservatorio. Ao cabo dun ano, dixéronme facer o concurso de saída, ao que non tiñan dereito os estranxeiros, porque o primeiro ano debía ser para se familiarizaren os alumnos máis coa lingua. Non obstante, a min deixáronme, dicíndome de repente pola mañá, despois de pasar un exame así, así regulariño.

-Vas facer o concurso esta tarde; esta tarde hai comedia e tes que facer un bo papel para pasalo.

Pasei o concurso. Non só o pasei, mesmo me deron un premio e un accésit: era un premio de comedia e un accésit de traxedia. Un escándalo formidable na sala! No medio de todo aquel escándalo incrible estaba eu, naturalmente, contentísima: era coma un cabalo de carreira que quería chegar, tiña présa, quería chegar, máis nada".

Inicios no teatro

"Pasei dúas ou tres semanas coa miña nai en Barcelona e xusto despois, en novembro do 36, marchamos a París. Confiáronnos alá a un señor chamado Casademon, o alcalde de Perthus naquel momento. Como era de Perthus e nos tiñamos que ir a París, confiounos a súa vez a uns amigos que falaban español: Alcover e a súa muller. Ela traballa na Comedie Française e el tamén era un actor coñecido. Falaba español, porque era natural das Illas Baleares. Marianne, a filla deles, converteuse na miña primeira amiga en terra francesa. Coa amizade destas persoas, comezou a miña vida no teatro.

Miña nai sempre me contou que xa de pequena me gustaba a poesía. Cando recitaba, púñame a tremer e a chorar coma un tola. Facía o que era preciso en cada situación No colexio, ao principio, os compañeiros de clase rían coma tolos de min. Despois calaban, e eu a tremer, a tremer terriblemente, a chorar. Ao final, quedaban impresionados

Unha vez, nunha cea Alcover dixo:

-Gustaríame oír un romance español.

Miña nai pediume que llo recitase. Levanteime, púxenme a tremer e a chorar. Hai unha dúbida que nunca aclarei: non descubrín nunca se á hora de actuar pesaba máis o meu talento dramático ou o estado no que me puña cando o demostraba. O certo é que Alcover quedou abraiado, dicindo:

-Non é posible, ten que facer teatro. Senón esta rapaza cae, vai estalar.

Non podo afirmar con exclusividade se foi por esa razón ou por outra que elixín o teatro… É posible, si. De todos modos, era moi nova como para me decatar… Realmente, nunca ninguén sabe por que se decanta por un camiño e non por outro. Eu xamais soñei con ser actriz, non tiven tempo para soñar. Foi máis ben como… como unha patada no cu.”