Volver

Lectura Dramatizada "Smoke on the water"

No marco do XVIII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, a Fundación SGAE presenta na súa Sede de Santiago de Compostela dúas obras de Fernando Epelde e Santiago Cortegoso, autores referenciais para a nova dramaturxia nacida en Galicia. Cada unha das citas, organizadas coa participación da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), será de acceso gratuíto e contará coa participación de importantes directores e actores da escena galega actual. Ámbalas convocatorias son gratuítas.

O martes 17 de decembro, as 20:30 horas terá lugar a representación de "Smoke on the water", do moañés Santiago Cortegoso, gañadora do Premio MOME Varela Buxán 2013 do concello de A Estrada. Dirixida por Fran Paredes, esta lectura estará protagonizada por Pilar Pereira, Belén Constenla, Vicente de Souza, Antón Belmonte e María Barcala.