Volver

O Observatorio de Igualdade das Artes Escénicas e Audiovisual de Galicia constitúese como unha ferramenta para intentar salvar a fenda laboral que sofren as mulleres nestes sectores

A súa función non só será analizar e avaliar a situación sociolaboral das profesionais destes ámbitos senón formular propostas concretas que propicien a igualdade real dirixidas a entidades públicas e privadas.

O Observatorio queda constituido por dez asociación que representan ao conxunto das actividades das artes escénicas e do auvisual de Galicia

>Despois de que algunhas asociaciónsprofesionais traballasen durante un tempo de forma conxunta e continuada enaccións e proxectos que fomentasen a igualdade nas artes escénicas e noaudiovisual, reparouse na necesidade de unir a voz de todas as demaisorganizacións profesionais de Galicia vencelladas a estes ámbitos co obxectivode elevar a sú capacidade de influencia sobre a sangrante fenda laboral quesofren as profesionais nestes sectores.

Deste xeito, e conscientesde que a cultura é un sector estratéxico para o desenvolvemento das políticasde igualdade grazas á súa capacidade de transformación do imaxinario colectivoda cidadanía, representantes das asociacións profesionais das artes escénicas edo audiovisual de Galicia (Asociación Galega de Produtoras Independentes,Academia Galega do Audiovisual, Escena Galega-Asociación Galega de Empresas dasArtes Escénicas, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación deDirectores e Realizadores de Galicia, Asociación de Mujeres Cineastas y de MediosAudiovisuales, Asociación Galega de Dramaturxia, Observatorio Galego doAudiovisual, Asociación Galega de Guionistas e Asociación de Festivais de ArtesEscénicas de Galicia) decidiron hai un tempo porse a traballar en conxunto coafinalidade de artellar unha ferramenta operativa de traballo, centrada nasaccións e políticas de fomento da igualdade entre mulleres e homes nestessectores.

Esaferramenta constituise hoxe e é o Observatorio de Igualdade das Artes Escénicase do Audiovisual de Galicia.

Un día histórico

O feito de que dez asociacións queaglutinan á práctica totalidade de ámbitos profesionais do sector doaudiovisual e das artes escénicas se teñan unido para crear e formar parte doObservatorio de Igualdade foi cualificado como «un feito histórico que non tenparangón a nivel estatal».

Os representantes destas asociaciónconsidérano un «proxecto pioneiro» que xa está despertando curiosidade einterés en outras comunidades.

Obxectivos

O Observatorio nace con tres ben definidosobxectivos fundacionais:

1)Implicar activamente as entidades profesionais das artes escénicas e doaudiovisual na implementación de estratexias de igualdade e de cumprimento daLei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres ehomes e do Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba oTexto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia enmateria de igualdade.

2)Analizar e avaliar a situación sociolaboral das mulleres nos sectores das artesescénicas e do audiovisual e do marco normativo vixente.

3)Fomentar a igualdade mediante a formulación de propostas concretas dirixidas aentidades públicas e privadas.

Mudar aimaxe das mulleres no cine, teatro, TV e medios de comunicación

Os homes e mulleres que forman parte dasdiversas asociacións das artes escénicas e o audiovisual fundadoras doObservatorio consideran que estos ámbitos profesionais constitúen un espazovital para construir unha sociedade igualitaria.

Poresta razón, sosteñen que a cultura pode ser a perfecta aliada para mudar aimaxe que se ofrece das mulleres no cine, televisión, teatro e medios decomunicación – tanto no que ten que ver con contidos, ficción, publicidade, etc.-nos que, aínda hoxe, se perpetúan modelos femininos sexistas e estereotipadosque non reflicten a realidade das mulleres do século XXI.

Desigualdade de oportunidades

Aomesmo tempo, estímase moi importante visibilizar e mellorar a situación dastraballadoras das artes escénicas e do audiovisual, onde a desigualdade deoportunidades á hora de acceder a postos de responsabilidade non favorece aconstrución dunha cultura igualitaria que reflicta os diferentes puntos devista.

Fronteá sensación xeralizada de que o audiovisual e as artes escénicas deben ir unpaso por diante da sociedade, lamentablemente no que atinxe á vida laboral dasmulleres non é así.

Exemplosque fixeron saltar a voz de alarma

Algúns dos datos recopilados polo Observatorioe que fixeron saltar a voz de alarma foron que por exemplo que en toda ahistoria dos premios da Academia do Audiovisual só unha muller levou o premio ámellor dirección, (e non é porque non existan), só dúas das últimas 14longametraxes estreadas en Galicia foron dirixidas por mulleres, ninguna mulleriluminou nunca ningún espectáculo do Centro Dramático Galego, só o 8% de todosos espectáculos producidos polo CDG foi dirixido por mulleres, e só o 4%correspondían a textos escritos por mulleres, das 22 edicións dos premiosÁlvaro Cunqueiro só unha muller recolleu ese galardón.

Comosubliñou hoxe unha das portavoces do Observatorio, a actriz Tamara Canosa, «enxeral a vida laboral das mulleres adicadas a estes sectores é máis curta, ten unhamaior precariedade laboral e teñen moita menos visibilidade e recoñecemento queas dos seus compañeiros masculinos».

Frontea esta situación considerouse que o máis oportuno era contar cunha única vozautorizada que aglutinase as inquedanzas do conxunto da profesión, que plantease solución ante os problemasdetectados e que velase pola igualdade. Esa voz autorizada será a partir deagora o Observatorio de Igualdade das Artes Escénicas e do Audiovisual de Galicia.