Volver

Camilo Franco lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro

Etiquetas:

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia escolleu o xornalista e escritor polo seu traballo na visibilidade da escena do país. "O teatro precisa da información e da crítica", sinalou o presidente da entidade, Avelino González

O xornalista Camilo Franco, será o encargado de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro durante a cerimonia dos XVIII Premios María Casares. Deste xeito, o escritor subirá o próximo xoves 27 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto, no que se destacará a relevancia das artes escénicas no desenvolvemento social e cultural do país.

A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia escolle este ano a Camilo Franco como compañeiro de viaxe polo seu traballo na visibilidade da escena do país. “O teatro precisa da información e da crítica. Hai un grupo de profesionais da comunicación que desenvolveron este traballo necesario. E escollemos a Camilo Franco como un representante claro desta función tan importante para nós”, destaca Avelino González, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

“O mundo hoxe en día é totalmente teatral, polo que temos que atender e entender o teatro para solucionar os problemas do mundo”; asegura Camilo Franco, quen engade que “na escena temos un espello para decatarnos de que somos moi malos: querémonos mal e matámonos moi ben”. Dadas as circunstancias da actualidade, “o teatro debe poñer o mundo a andar”.

Podedes descargar a nota de prensa nesta ligazón

NP Camilo Franco lera o Manifesto do Teatro nos Premios María Casares gal