Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXIII Premios María Casares, galardóns de teatro organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación en 1997. O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o pasado 7 de xaneiro As candidaturas divídense en catorce categorías: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil. Para coñecer a listaxe completa de espectáculos que se inscribiron, preme na seguinte ligazón.
Tras esta primeira fase de inscrición, a AAAG inicia a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese xeito, ademais do colectivo de membros da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e finalistas en edicións anteriores.
Esta primeira rolda de votacións rematará o luns 11 de febreiro. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a mediados de febreiro na xa tradicional Festa de Finalistas dos María Casares. Os votantes poden acceder a través desta ligazón
OS PREMIOS
Os Premios María Casares son os galardóns de carácter anual que distinguen as producións teatrais de intérprete en galego estreadas durante o ano anterior á súa concesión e a calquera profesional que nelas participan. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) promove estes galardóns que, dende o ano 1997, buscan recoñecer o traballo realizado polos diferentes oficios do sector na súa totalidade, dende a maquillaxes até vestiario, pasando por iluminación, música, dramaturxia, tradución, escenógrafía, dirección e o corpo interpretativo.
Deste xeito, os María Casares convértense dende a súa creación no gran escaparate do teatro feito en Galicia e visibiliza o labor desenvolvido por todos os seus traballadores.
Con eses obxectivos, os galardóns constan de catorce categorías diferentes que representan todas as facetas da produción escénica. Ademais, a AAAG entrega cada ano o Premio de Honra Marisa Soto, co que o sector agradece e recoñece a traxectoria de colectivos e persoas relevantes no desenvolvemento do sector teatral. A gala deste 2019 celebrarase o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Espectáculos inscritos nos XXIII Premios de Teatro María Casares
Espectáculo |
Compañía |
1. #caminños |
ButacaZero |
2. A gata con Zocos |
A Cova das Letras |
3. A leituga |
Eme2 Producións |
4. A nena e o grilo máis aló |
Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos |
5. Aladino e a lámpada marabillosa |
Teatro Avento Producións |
6. Anatomía dunha serea |
Iria Pinheiro |
7. Arnoia, Arnoia. O Circo da Casa pequena |
Pistacatro Produtora de Soños |
8. Casa O’Rei |
Ibuprofeno Teatro |
9. Casquería |
Xerpo Cultural |
10. Celebración, a gran noite |
Sarabela Teatro |
11. Cinco minutos sen respirar |
Ítaca Teatro |
12. Cinco mulleres que comen tortilla |
Señora Supina |
13. Commedia |
Contraproducións |
14. Contos do recreo |
Redrum Teatro |
15. Da avaricia, a luxuria e a morte |
Teatro do Noroeste |
16. Divinas palabras revolution |
Centro Dramático Galego |
17. Dúas donas que bailan |
Teatro do Atlántico |
18. Estás aí? |
Redrum Teatro |
19. Garage |
Voadora |
20. Invisibles |
Redrum Teatro |
21. Loló e Mamá |
De Ste Xeito |
22. Nimiedades |
Helen Bertels |
23. Nómades |
Xarope Tulú |
24. O Paroleiro |
Os contos do Pablísimo |
25. O servidor de dous amos |
Talía Teatro |
26. Orquestra Malabares |
Pistacatro Produtora de Soños |
27. Os fabulosos Cleaners 2018 |
Malasombra Producións |
28. PATAPATÚM |
Elefante Elegante |
29. Puño Puñete |
Baobab Teatro |
30. Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos |
Matrioshka Teatro |
31. Sofía e as Postsocráticas |
Inversa Teatro |
32. Somos Criminais |
Undodez |