Volver

A AGADIC recoñece unha débeda co Teatro de 1,3 millóns

O director da Axencia, Juan Carlos Fdez. Fasero, indicou que non se lle pode chamar débeda porque aínda está en prazo. O director da Agadic tamén admitiu a necesidade de corrixir os "obstáculos históricos" para o pagamento destas subvencións e facelas estas "máis áxiles". Vaise ampliar o prazo de xustificación, co que se antes estaba ata novembro, agora se vai poder superar o ano, co que terán máis tempo para xustificar as facturas con posterioridade. Podedes ver a nova nesta ligazón