Volver

O Goberno corrixe no BOE as eivas do acceso extraordinario á prestación por desemprego para artistas e facilita a súa tramitación

A publicación destes substanciais cambios prodúcese grazas á presión que dende ConArte (confederación de asociacións sindicais na que se integra a AAAG), a Unión de Actores y Actrices e a Asociación de Profesionais da Música se exerceu sobre o Ministerio de Cultura en diferentes reunións mantidas nas últimas semanas.

O BOE publica hoxe, mércores 27 de maio, unha serie de modificacións no acceso extraordinario á prestación por desemprego para artistas. A disposición final duodécima recolle as principais reivindicacións do sector ao respecto das eivas e atrancos que se estaban a detectar e que imposibilitaron que gran parte dos e das demandantes puideran acceder á prestación. As modificacións son as seguintes:

  • Non será esixible encontrarse en situación de alta ou asimilada a alta

  • Tampouco será esixible estar incluído no Réxime Xeral da Seguridade Social nos termos previstos no artigo 249 do texto refundido da Lei da Seguridade Social nin no tempo de solicitar a prestación nin durante a súa percepción.

  • O dereito a esta prestación recoñecerase unha única vez, pero poderá suspenderse no momento en que o/a beneficiario/a desenvolva un traballo por conta allea ou por conta propia, podendo retomar a prestación no momento en que finalice o citado traballo.

  • Ademais, na disposición transitoria cuarta, permite a todo/a demandante a quen se lle denegase o acceso á prestación volver solicitar atendendo ás citadas modificacións.

A publicación destes substanciais cambios prodúcese grazas á presión que dende ConArte (confederación de asociacións sindicais na que se integra a AAAG), a Unión de Actores y Actrices e a Unión de Músicos Profesionales se exerceu sobre o Ministerio de Cultura en diferentes reunións mantidas nas últimas semanas. Por outra banda, agora queda que o SEPE inclúa na súa instrución estes novos parámetros.