Volver

Obradoiro "A Voz Vibrante"

Etiquetas:

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e a XXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas colaboran na organización deste obradoiro.

A Voz Vibrante A voz é un instrumento vital de comunicación: para cantar, actuar o interactuar cos outros. A maioría de nós usamos so unha gama estreita do noso potencial vocal, na expresión de nós mesmos na vida diaria. Invitámosvos a descubrir o voso propio potencial vocal a través do traballo de voz Roy Hart. Descubrir a conexión entre o corpo e a voz, ampliar a gama vocal e atopar o pracer no canto. A vibración e a enerxía expresiva da voz a través do xogo e o canto.

Contidos • Corpo: Consciencia corporal. Sensorialidade. Percepción. Desbloqueo das tensións corporais, especialmente das zonas que interviren especificamente no proceso da voz: pelves, peito e pescozo. • Respiración: Observación do proceso respiratorio. Ampliación da capacidade respiratoria. Situación do aire. Traballo especifico da respiración da pelve, da intercostal e da cintura escapular. Dosificación da expiración. Traballo abdominal. • Voz: Traballo sobre as resonancias. Traballo sobre a interrelación corpo – voz – movemento - enerxía. Dirección e movemento da voz. Voz – espazo - imaxinación. Traballo sobre a sonoridade das palabras. Musicalidade. • Pontes e límites da voz.

Ateliers: Deconstrución do texto a través das posibilidades expresivas do corpo e das calidades do movemento. Traballo de límites e contrarios, tensión -distensión, grande -pequeno, alto- baixo, etc. A escoita dun mesmo, a escoita grupal. A improvisación vocal. O temario pode variar ou facer fincapé máis nun tema que noutro dependendo da especificidade do grupo e dos seus integrantes. Aínda que os contidos poidan parecer moi técnicos o achegamento a eles é distinto dos cursos de técnica de voz, a metodoloxía é totalmente práctica e os contidos trabállanse a posterior, todos eles trabállanse conxuntamente e están interrelacionados. Isto non é un curso de técnica da voz, é un curso de exploración da expresión vocal e a súa utilidade na creación artística e na vida do día a día. Onde a teoría ven sempre despois da práctica.

O curso constará de tres partes fundamentais, o quecemento, as clases co piano e os ateliers.

As docentes Núria Inglada Cardona (Barcelona 1968) Titulada en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia. Adéstrase no método Roy Hart dende 2001. Profesora do adestramento vocal Roy Hart en prácticas. Interesada na creación teatral contemporánea, colaborou co grupo de investigación teatral Artslab dirixido por Chrissie Poulter (Irlanda), onde empeza a desenvolver o seu campo de estudo baseado na conexión persoal do creador coa súa expresión artística a través do traballo da voz - corpo. Actualmente é profesora da Especialidade de Dirección Escénica na Esad de Galicia. Carol Mendelsohn, nacida en EEUU. Coñece o Roy Hart Theatre en 1981 cando vivía en Israel. No ano 1983 intégrase na compañía en Francia onde se formou como profesora Roy Hart. Traballa como actriz no Roy Hart Theatre. Da clases de adestramento vocal en varias universidades estadounidenses, en Australia e en distintos países europeos. Carol goza realizando, sobre todo, improvisacións coa súa voz e co traballo de texto. Actualmente é a directora do comité pedagóxico que se encarga da formación dos novos profesores Roy Hart. Máis información sobre Carol e o traballo Roy Hart. http://www.roy-hart-theatre.com/site/category/people/teachers/ http://www.roy-hart.com/

Datas e duración: 20 horas co seguinte calendario: 29 de Xuño Mércores : Mañá :11.00-15.00 Tarde: 16.00-19.00 30 de Xuño Xoves: Mañá :11.00-15.00 Tarde: 16.00-19.00 1 de Xullo Venres: Mañá :11.00-15.00 Tarde: 16.00-18.00 Lugar: Auditorio Municipal de Cangas Avda de Lugo nº 25-27 36940 Cangas Prazas:16 prazas

Prezo: 75 Euros para socios de AAAG , A.C Xiria e alumnos da Escola Municipal de Teatro de Cangas .No caso de non socios o importe será de 120 Euros

Inscrición: Do 30 de Maio ao 20 de Xuño , enviando o formulario de inscrición anexo debidamente cuberto e adxuntando currículum vitae ao buzón de correo info@aaag.es ou enchendo o formulario que sae abaixo A organización comunicará a selección de candidatos o día 22 de Xuño, tendo que facer a reserva de praza ingresando o importe do curso antes do día 27 de Xuño .No caso de anulación da reserva por parte do alumno a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non se cubre

Forma de pago: consultar no PDF adxunto