Volver

Obradoiro intensivo "Coaching para un Casting"

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza este obradoiro impartido por Andrés Cuenca e Eliana Sánchez, con 32 horas lectivas, dirixido tanto a estudantes avanzados de interpretación como a actores profesionais que queiran poñer énfase na preparación deste tipo de probas Programa O Obradoiro está organizado en dúas fases:

Na primeira un coach profesional axuda aos participantes a preparar sus escenas, analizar o texto e seleccionar as propostas máis adecuadas, buscando “qué” traballar e “por qué”.

Na segunda fase cada participante grava dúas escenas co director de casting en condicións similares a un casting real, pero cas vantaxess da cercanía dun obradoiro que permite unha comunicación máis relaxada e fluida co director de casting e coñecer de primeira mán cómo traballa.

Ao rematar o curso entregarase ao alumno o material gravado Os docentes

Andrés Cuenca (Director de casting)

Director de casting de Globomedia, responsábel do casting de series como “Águila roja”, “El internado”, “La tira”, “Cuenta Atrás”, “Aída”, “Los Serrano” e “Un paso adelante” entre outras. Tambén ten colaborado con Luis San Narciso no casting das longametraxes “Los lunes al sol” (F. León de Aranoa), “Volver” (P. Almodóvar), “Mar adentro” (A. Amenábar), “Fuera de carta” (Nacho G. Velilla) e “Los Abrazos Rotos” (P. Almodóvar) entre outros.

Eliana Álvarez (Actriz e coach de actores)

Traballou como coach de actores en Globomedia nas series “Águila Roja” e “El internado”. Como actriz participou en películas como “Alatriste”, “Oviedo express” e “Águila Roja” e en numerosas series de televisión: “El internado”, “Génesis”, “Policías”, “El comisario”, “SMS”, “La que se avecina”, “Cuéntame”, “Hospital central” e “Águila roja”, onde interpreta á reina Mariana de Austria.

Datas e duración: - 13 Xullo. 09h a 15h. Coaching e preparación escenas con Eliana Sánchez. - 14 Xullo. 09h a 15h. Coaching e preparación escenas con Eliana Sánchez. - 15 Xullo. 09h a 15h. Coaching e preparación escenas con Eliana Sánchez. - 16 Xullo. 11h a 19h. Casting con Andrés Cuenca.(Haberá unha parada dunha hora para comer) - 17 Xullo. 11h a 19h. Casting con Andrés Cuenca.(Haberá unha parada dunha hora para comer) Lugar: Ático Local AAAG en Rúa das Hedras, 2 15895 Milladoiro, Ames Prezo: 190 euros Socios AAAG 290 euros Non socios Inscrición: Do 25 de Xuño ao 6 de Xullo ás 15.00 h, enviando o formulario de inscrición anexo debidamente cuberto, adxuntando currículum vitae e fotografía recente ao buzón de correo info@aaag.es ou a través do formulario ao pé Nota: Os socios de AAAG que teñan actualizados os seus materiais no Catálogo on-line da AAAG http://aaag.es/?page_id=1761 non será necesario que envíen de novo o CV. Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 16 prazas. A selección realizarase polos docentes en base ao curriculum e perfil de cada candidato. Comunicarase o listado de admitidos antes do día 9 de Xullo

Reserva praza e forma de pago

Os candidatos selecionados deberán ingresar o importe do curso antes do 12 de Xullo mediante transferencia bancaria na CC de Caixa Galicia 2091 0348 15 3040009198, indicando indicando no concepto nome do alumno e nome do curso. Aquelas prazas das persoas admitidas que non realicen o ingreso no prazo indicado cubriranse cos candidatos que queden en lista de espera.