Volver

Seminario AEGA

AEGA, Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual organiza os días 29 e 30 deste mes en Santiago de Compostela, segundo o programa adxunto, as xornadas sobre “As Televisións Autonómicas e o futuro do sector audiovisual en España”, que contarán coas conferencias de Alfonso Sánchez Izquierdo (Director xeral da CRTVG), Mónica Terribas (directora de TV3),Ignasi Guardans (Director de Asuntos Públicos e Relacións cos Membros, Unión Europea de Radio-Televisión), entre outros. Podedes descargar o programa accedendo á nova, á dereita na sección "descargas". Máis info http://www.aega.tv