Volver

Seminario AGAG

AGAG, Asociación galega de guionistas, organiza o Seminario de Recursos en internet para guionistas. Queres coñecer os máis importantes concursos de guión que se convocan na rede? Ou saber onde se poden ler os guións de miles de películas? Gustariache coñecer unha páxina onde che informen de todos os festivais de curtametraxes, documentais ou longametraxes do mundo e che faciliten a inscrición? Neste seminario haberá resposta a estas e outras moitas preguntas que demostrarán o enorme potencial e utilidade da rede para o traballo dos guionistas. Podedes descargar o programa accedendo á nova, á dereita na sección "descargas" O vindeiro venres 30 de setembro de 2011 terá lugar na sede SGAE de Santiago de Compostela o Seminario de Recursos en internet para guionistas, grazas á inestimable colaboración de SG Audiovisual. O seminario será impartido polo guionista Sergio Barrejón, guionista de series de tv de grande éxito como Mi querido Klikowski (ETB), Amar en tiempos revueltos (TVE) ou "La señora" (TVE).