Volver

Gañadores dos XVI Premios de Teatro María Casares

Citizen total, do grupo Chévere, converteuse nagran triunfadora da noite ao levar o galardón ao mellor espectáculo, ademais do premio á mellor dirección, mellor actriz secundaria, mellor actriz protagonista e música orixinal

O Martes á noite celebrouse no TeatroRosalía Castro da Coruña a gala de entrega dos XVI Premios de Teatro María Casares, organizados pola AAAG. A continuación a lista de gañadores, algunha foto e ligazóns aos artículos sobre a gala. A nosa noraboa aos gañadores, e o noso agradecemento a todos os participantes Na categoría de mellor maquillaxe a gañadora foi: Trini Fernández Silva (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego). Os outros nomeados eran Fani Mosqueira (por American Café, de Teatro do Morcego) e Raquel Fidalgo (por Tango, de Sarabela Teatro). En mellor vestiario levou a xerra Carlos Alonso (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego). Os outros finalistas eran Paco Conesa (por Piratas, Teatro do Noroeste); e Ruth D. Pereira (Tango, Sarabela Teatro). En mellor escenografía a xerra de María Casares foi para Paco Conesa (por Piratas, Teatro do Noroeste). Os outros nomeados foron Baltasar Patiño (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego) e Chévere (Citizen Total, Grupo Chévere). Na categoría de mellor iluminación destacouse a Octavio Mas (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas). Os outros nomeados eran Baltasar Patiño (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego) e Fidel Vázquez (Citizen Total, do Grupo Chévere). Na categoría da mellor música orixinal gañou Xacobe Martínez Antelo (Citizen Total, Grupo Chévere). Os outros finalistas eran: Nacho Sanz (Soños, Bichakadela) e Piti Sanz (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas). A mellor adaptación-tradución foi parar para Avelino González (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas. Os outros finalistas eran:) Pepe Sendón (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego) e Xosé Manuel Pazos Varela (por “E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico). Na categoría de mellor texto orixinal en galego destacouse a Avelino González, Artur Trillo, María Ordoñez e Sechu Sende (por Pelos na lingua, de Talía Teatro). Tamén estaban nomeados en mellor texto orixinal Manuel Cortés (Citizen Total, Grupo Chévere) e Santiago Cortegoso (con 0,7% Molotov, de Teatro de Ningures). Como mellor actriz secundaria destacouse a Mónica García (Citizen Total, Grupo Chévere). As outras nomeadas eran María Lado (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas); Marta Pazos (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego); e Victoria Pérez ( Piratas, Teatro do Noroeste). O galardón para mellor actor secundario foi para Vicente de Souza (Tango, Sarabela Teatro). Os outros finalistas eran César Goldi (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego) e Víctor Mosqueira (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego). Na categoría de mellor actriz protagonista premiouse a Patricia de Lorenzo (Citizen Total, do Grupo Chévere). As outras finalistas eran: Luísa Merelas (“E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico); e Susana Dans (“E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), Teatro do Atlántico). A xerra como mellor actor protagonista foi para Evaristo Calvo (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas). Os outros nomeados eran Antonio Durán “Morris” (O florido pénsil, de Eme2 emoción&arte) e Josito Porto (O florido pénsil, de Eme2 emoción&arte). Na categoría de mellor dirección destacouse a Xesús Ron (Citizen Total, Grupo Chévere). Os finalistas foron Avelino González (por Pelos na lingua, de Talía Teatro) e Xúlio Lago (con “E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico). Finalmente, na categoría de mellor espectáculo destacouse a Citizen Total (Grupo Chévere). Os outros nomeados eran O florido pénsil (Eme2 emoción&arte) e Oeste solitario (Producións Teatráis Excéntricas) Algunhas ligazóns El País Faro de Vigo La Voz Cultura Galega El Ideal Gallego El País_2 Praza.com Quepasanacosta Butacaenanfiteatro Galicia10 E unhas fotos. Nuns días subiremos unha galería