Nun furancho cheo de agroglamour, con dúas furancheiras buscando posibilidades de futuro para o seu negocio en tempos de crise, con viño do pais en lugar de champaña francés e cun lote de xerras agardando polos seus clientes. Así será a cerimonia de entrega dos XVIII Premios de Teatro María Casares, que se celebrará o próximo xoves 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, no Rosalía Castro da Coruña.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Mensaxe Internacional do Dia Mundial do Teatro 2014
Unha ollada sobre @s nomead@s aos María Casares
As finalistas para esta edición dos premios María Casares son Eurozone, O home almofada, Bye Bye Honey, As do peixe, Waltz, A charca inútil,BailadElas, Criaturas, Gaivotas subterráneas, C'est la vie e As mil vidas de Matías Houseman. Convidamosvos a coñecer un chisco máis de cada unha delas.
Camilo Franco lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia escolleu o xornalista e escritor polo seu traballo na visibilidade da escena do país. "O teatro precisa da información e da crítica", sinalou o presidente da entidade, Avelino González
A AAAG colleita apoios de entidades públicas e privadas para os María Casares
O presidente da AAAG, Avelino González, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, reuníronse esta mañá para subscribir un acordo de colaboración.
Xosé Manuel Olveira ‘Pico’ Premio de Honra Marisa Soto
O actor recibe a título póstumo a distinción. "Para a tropa de actores e actrices deste país, pico era unha persoa especial que deixou pegada en todos nós. Pico só provocaba afectos", sinala o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Avelino González
VIII Premio de Diario Cultural de Teatro Radiofónico
O programa dirixido por Ana Romaní promove unha edición máis do certame de teatro radiofónico. Vén de publicar as súas bases para este ano.
Nomead@s aos XVIII Premios de Teatro María Casares
Eurozone, de Chévere e O home almofada, de ilMaquinario acaparan o maior número de nomead@s para os Premios María Casares. Os finalistas déronse a coñecer nunha rolda de prensa no Consello da Cultura Galegal
A Asociación de Escritoras e Escritores en lingua Galega premia a AAAG
A Asociación Escritoras-es en Lingua Galega, AELG, vén de outorgar o seu Premio «Os Bos e Xenerosos» que este ano vai para distintos axentes da xeografía escénica galega, entre eles, a AAAG.