Este sábado despediuse a décima edición do Festival de Cans. O palamarés deuse a coñecer ao final da xornada.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Convocan o 8º Premio Abrente de textos teatrais
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presenta as bases do 8º Premio Abrente para textos teatrais, dotado con 3.000 euros, unha estatuíña de Sampedro e a edición da obra gañadora.
Convócase a sétima edición do Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico
O programa da Radio Galega Diario Cultural lanza unha nova edición deste singular certame dramático.
Os Premios Mestre Mateo 2012 recoñecen mañá o talento do sector audivisual galego
O actor Ricardo de Barreiro presentará a gala que se poderá seguir a través da Televisión de Galicia. A cerimonia está dirixida por Daniel de La Torrre.
O Festival de Cans recibe 164 producións galegas entre curtas e videoclips para a décima edición
Dez anos de agroglamour. Nesta décima edición do Festival de Cans, o certame xa recibiu 164 producións audiovisuais.
MANIFESTO GALEGO NO DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2013
A xunta directiva da AAAG decidiu convidar a Cesáreo Sánchez como compañeiro de viaxe nun momento en que o papel que xoga a lingua resulta fundamental. Cesáreo Sánchez lerá este manifesto na gala dos XVII Premios María Casares, que se celebrará o próximo mércores 27 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Gañadores dos XVII Premios de Teatro María Casares
A gala celebrouse no Rosalía de Castro da Coruña e foi presentada por Ratman e Bobyn, os dous superheroes procedentes das cloacas interpretados por Marcos Orsi e Xúlio Abonjo.
Prenséntase a gala de entrega dos XVII Premios de Teatro María Casares
Unha gala irónica, “gamberra” e que mire directamente ás difíciles circunstancias que vivimos, con dous superheroes, Ratman e Bobyn, que emerxen das cloacas para “loitar contra unha forte ameaza” e contra un “gran supervilán”. E todo baixo o seu particular lema heroico: “Cando a realidade é brutal, só nos pode salvar a ficción”. Así será a cerimonia de entrega dos XVII Premios María Casares de Teatro, que se celebrará o próximo mércores 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
O escritor Cesáreo Sánchez Iglesias lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro nos XVII Premios María Casares
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), será o encargado de ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro durante a cerimonia dos XVII Premios María Casares. Deste xeito, o escritor subirá o próximo 27 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler un texto propio no que destacará a relevancia das artes escénicas no desenvolvemento social e cultural do país.