Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Lectura Dramatizada "Relato para un incendio"
O martes 19 ás 20h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela
Os XXV Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras
>> ‘A lingua das bolboretas’, de Sarabela Teatro, faise con catro galardóns, incluíndo o de mellor espectáculo; ‘Bailar agora’ leva tres premios, incluíndo actriz protagonista; ‘Microspectivas dun marica millennial’ gaña dous galardóns, incluíndo o de actor protagonista.
>>‘O mozo da última fila’, de Redrum Teatro; ‘Os nenos da varíola’, de Pérez&Fernandez; ‘32m2’, de ButacaZero; ‘O Premio’, de La Quintana Teatro, ‘A conquista da escola de Madhubai’, da Teatro de Atlántico; ‘Dreaming Juliet’, de Elefante Elegante acadaron un galardón.
>>'A lingua das bolboretas' leva o premio ao mellor espectáculo e 'Os nenos da varíola' faise co premio ao mellor espectáculo infantil nunha gala ambientada nunha distopía e dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira.
LINK Á RETRANSMISIÓN DOS XXV PREMIOS DE TEATRO MARIA CASARES
A gala dos XXV Premios de Teatro María Casares poderase seguir a través desta ligazón: https://youtu.be/iH4nIge18d8
A emisión comezará ás 20.15 h e a gala principiará ás 20.30 h.
Os Premios María Casares celebran o seu 25º aniversario cunha gala contra as distopías que reivindicará a resistencia das artes escénicas
>> Paula Carballeira e Chiqui Pereira dirixen a gala, que contará cunha ‘troupe’ interxeracional conformada polos intérpretes Alfredo Rodríguez, Casilda Alfaro, Nuria Sanz, Suso Cortegoso, Alba Bermúdez e Nelu Vermouth.
>> A entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña este xoves e serán emitidos en directos a través da Canle de Youtube dos Premios a partir das 20.00 h. Trece obras compiten en calidade de finalistas polos María Casares
A gala dos XXV Premios de Teatro María Casares poderase seguir en directo por Youtube
A gala será retransmitida a través da Canle dos Premios de Teatro María Casares. A emisión comezará ás 20.00 h. Aquí tedes a ligazón para acceder: https://www.youtube.com/c/premiosdeteatromariacasares
Paula Carballeira e Chiqui Pereira dirixirán a gala duns Premios María Casares que xirarán entre o festexo do seu 25º aniversario e a resistencia fronte a pandemia
A gala celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña o vindeiro 9 de setembro e contará cun elenco conformado por Casilda Alfaro, Nuria Sanz, Suso Cortegoso, Alba Bermúdez e Nelu Vermouth, coas colaboracións especiais de Carlos Santiago e Clara Gayo e a música de Nacho Sanz. Suso Montero encargarase da escenografía
Un total de 13 espectáculos competirán como finalistas nos XXV Premios de Teatro María Casares
>> O espectáculo ‘A lingua das bolboretas’, de Sarabela Teatro, conta con 8 finalistas; mentres que as obras ‘Bailar Agora’, de Marta Alonso Tejada; ‘Dreaming Juliet’, de Elefante Elegante, e ‘32m2’, de ButacaZero, acadan 5 finalistas
>> ‘A lingua das bolboretas’, ‘Bailar Agora’, ‘Dreaming Juliet’ e ‘Microspectivas dun marica millenial’, de Incendiaria, competirán polo galardón ao mellor espectáculo. ‘Os nenos da varíola’, de Pérez&Fernández; ‘Ris Ras’, de Baobab Teatro, e ‘Lázaro de Tormes’, de Pedras de Cartón, son as obras finalistas para espectáculo infantil
A MIT Ribadavia celebrará a súa 37ª edición entre o 16 e 25 de xullo cunha vintena de compañías e baixo o lema 'A arte marca a diferenza'
A AAAG e a Mostra de Ribadavia coorganizan un curso de formación impartido por Amaya Galeote e Noemí Rodríguez.
Voadora, o Centro Dramático Galego, Sarabela Teatro, Redrum, Aporía ou Pista Catro forman parte dun cartel que recupera a presenza internacional coa estrea da compañía belga de Jan Lauwers ou coa presentación do coreógrafo grego Christos Papadopoulos