O BOE publicou a convocatoria o pasado 31 de xullo e dá quince días hábiles para concorrer a estas subvencións cuxo importe total a repartir ascenda a máis de 21.000.000 de euros.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A AAAG alerta de que o regreso á actividade de actores e actrices estase a levar a cabo sen garantías hixiénico-sanitarias
>>Esta asociación sindical pon o foco no contraste entre as claras medidas que se desenvolven para garantir a seguridade do público e a escasa previsión para reducir os riscos de contaxio entre os equipos artísticos que soben a escena
>>A Xunta de Galicia, que recobrou as competencias en materia sanitaria, está a fomentar a recuperación da actividade escénica sen desenvolver previamente os protocolos hixiénico-sanitarios que se anunciaban no seu cuestionado ‘Plan de Reactivación dos sectores turístico e cultural’
Guía de boas prácticas do INAEM e prevención de riscos laborais
A AAAG amosa a súa decepción diante do insatisfactorio Plan de Reactivación para a cultura proposto pola Xunta
A Asociación sindical considera que a folla de ruta trazada por Cultura e Turismo carece de concreción, presenta programas baleiros de contidos, disfraza convocatorias habituais de medidas novas e obvia a vulnerabilidade e a seguridade sanitaria de traballadores e traballadoras
O Goberno central aproba o acceso extraordinario á prestación por desemprego para artistas
>> O Consello de Ministro aprobou hoxe a través de Real Decreto Lei un paquete de medidas de apoio ao sector cultural cun valor orzamentario de 76,4 millóns
>> A duración da prestación por desemprego para artistas será dun máximo de 180 días e calcularase empregando como referencia os períodos de ocupación cotizados o ano anterior. Así, se se realizaron entre 20 e 54 días de traballo, a duración da prestación será 120 días. Se se realizaron 55 días ou máis de traballo, a duración da prestación será de 180 días.
Comunicado conxunto da confederación ConArte ao respecto das declaracións do ministro de Cultura
52 medidas extraordinarias para as artes escénicas e musicais, un sector que suspenderá 30.000 funcións e perderá 130 millóns de euros no estado entre marzo e maio
A AAAG amosa o seu pleno apoio ás reivindicacións e mobilizacións das alumnas da ESAD de Galicia contra o acoso sexual e os abusos de poder
Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares
O elenco estará conformado por Déborah Vukušić, Arantxa Treus, Antía Costas e Rocío Romero. Laura Iturralde encargarase da dirección de arte e a música correrá a cargo de Nacho Muñoz