
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro 2020
Por Isabel Risco.
A AAAG adía a gala dos Premios de Teatro María Casares
Flor Maceiras recibirá o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXIV Premios María Casares
A Xunta Directiva quere recoñecer o labor inxente dunha actriz e docente cuxa traxectoria se pode definir polo seu amor incontestable pola escena. que Flor Maceiras lle transmite ás novas xeracións de profesionais do noso oficio dende a Escola Municipal de Narón, institución referencial no sector. Como actriz, ademais, Maceiras traballou ao longo das décadas con compañías como Elsinor Teatro, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Teatro Proscrito, Teatro Maltés ou o Centro Dramático. Dese xeito, percorrer a súa traxectoria interpretativa é percorrer gran parte da historia do teatro profesional en Galicia. Estas dúas dimensións, a de docente e a de actriz, converten a Flor Maceira nun elo fundamental do pasado, do presente e do futuro da nosa profesión.
A AAAG amosa o seu pleno apoio ás reivindicacións e mobilizacións das alumnas da ESAD de Galicia contra o acoso sexual e os abusos de poder
Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares
O elenco estará conformado por Déborah Vukušić, Arantxa Treus, Antía Costas e Rocío Romero. Laura Iturralde encargarase da dirección de arte e a música correrá a cargo de Nacho Muñoz
O teatro como santuario
O dramaturgo paquistaní Shahid Nadeem asina a Mensaxe Internacional no Día Mundial de Teatro, do International Theatre Institute (ITI). Dende a AAAG, traemos ao galego un extracto do seu texto. Pódese consultar na web do ITI a versión orixinal e diferentes traducións a outros idiomas.
Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios de Teatro María Casares
O espectáculo ‘Liberto’, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que ‘Bernarda, de Malasombra, e ‘Fariña’, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cino galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo
‘Cartoóns’, de Producións Teatráis Excéntricas; ‘Lambetadas’, de Talía Teatro, e ‘Ummm!! Unha comedia musical… para chupar os dedos’, de Teatro Avento Producións competirán polos premio na categoría de mellor espectáculo infantil
Aldara Prado asina o cartel dos XXIV Premios de Teatro María Casares
A gala celebrarase o vindeiro xoves 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e coñeceremos a relación de finalistas dos galardóns o próximo mércores 26 de febreiro na tradicional Festa de Finalistas que se celebrará na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia