Xunto coa Associació d’Actors i Actrius, Directores i Directors Professional de Catalunya, organizamos unha sesión informativa sobre o Convenio colectivo do Audiovisual.
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Xunto coa Associació d’Actors i Actrius, Directores i Directors Professional de Catalunya, organizamos unha sesión informativa sobre o Convenio colectivo do Audiovisual.
O pasado 7 de abril fíxose pública a resolución do 28 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o Acordo parcial polo que se aproba o incremento salarial para 2023 do III Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e os actores que prestan servizos nas mesmas, cifrado no 5,7%.
O pasado 11 de abril fíxose pública a resolución do 28 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o Acordo parcial polo que se aproba o incremento salarial para 2022 do III Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e os actores que prestan servizos nas mesmas.
>> O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o pasado xoves 24 de xaneiro as táboas salarias para o ano 2020 do Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e actores que prestan servizos nas mesmas. Podedes consultalas nesta ligazón.
>> Ademais, o martes 28 de xaneiro, publicou unha corrección de erratas para emendar un erro no tocante á categoría reparto en televisión. Pódese consultar nesta ligazón
O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar as táboas salarias par ao ano 2017 do Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e actores
A AAAG organizou o pasado mércores un encontro entre xs socixs e Sara Mora, avogada do equipo asesoramento laboral da asociación, co obxectivo de dar a coñecer as principais mudanzas que implica o III Convenio Colectivo Estatal do Audiovisual, cuxo texto saíu publicado no BOE o 16 de maio e que xa podes consultar integramente na nosa páxina web.
O próximo 18 de maio ás 18.00 horas, na sede da AAAG (Edificio SGAE, Rúa Salvada, 2A. Santiago) celebraremos un encontro coa avogada e asesora laboral da Asociación, Sara Mora. Será unha sesión na que se nos achegará información ao respecto do novo Convenio do Audiovisual.
Hoxe asinamos o III Convenio de Audiovisual, que regula as relacións laborais dos actores e actrices do sector audiovisual en todo o estado e que inclúe tamén o sector da publicidade.