Introdución:
Por desgraza o noso traballo no sector audiovisual e, especialmente na televisión, faise cada vez en menor tempo. Case nunca os actores e as actrices temos a oportunidade nunha rodaxe para probar, repetir tomas ou facer visionados das secuencias xa feitas.
Por outra banda, a produción de series diarias tanto en Galicia como no resto de España é cada vez máis prolífica e o problema dos tempos acentúase nestes traballos.
Esta carencia no noso traballo, sumada aos nervios e a tensión propia dunha rodaxe, fan que precisemos ter como profesionais a capacidade, ou o sangue frío, para lograr con rapidez a concentración necesaria para traballar desde a verdade e tamén poder mudar a nosa proposta en tempo récord se é que o director fixo outra lectura do noso personaxe.
Obxectivos:
Este obradoiro intensivo de fin de semana, trata de ofercernos esas ferramentas e a seguridade para traballar nunha rodaxe profesional de tempos reducidos. Vai dirixido a actores e actrices profesionais, con independecia do seu nivel de experiencia, e trátase dun curso eminentemente práctico de 20 horas de duración que pretende simular a realidade dunha rodaxe.
O docente
Miguel Conde é un director e realizador galego que ten no seu currículo series de televisión diarias como Valderrei da Televisión de Galicia; Bon Día, Bonica emitida por Canal 9 na que tamén traballou como coach de actores Yo Quisiera, para Mediaset; Gran Reserva: El Origen ou Seis Hermanas, estas últimas para TVE.
Tamén asumiu a dirección da longametraxe O Bonito Crime do Carabineiro e das series galegas Padre Casares e Serramoura e da valenciana L´Alquería Blanca. A nivel estatal ten dirixido títulos para emisión en prime time como 90-60-90 Diario de una adolescente, ou Bajo Sospecha.
Datas e duración:
O obradoiro ten unha duración de 20 horas, o sábado 4 e domingo 5 de xuño de 9:00h a 14:00h e 15:00h a 20:00h
Lugar:
Sede de AISGE en Santiago de Compostela Rúa do Monte dos Postes 14 https://goo.gl/maps/Zx4vFJRa5Bu
Prezo:
80 euros socixs da AAAG e/ou AISGE. 210 euros non socixs
Prazas e selección de candidatos:
Este obradoiro ten 14 prazas. A admisión realizarase por perfil.
Inscrición:
Ata o domingo 29 de maio, ás 23:59h. utilizando a caixa de inscrición da cabeceira deste texto.
Se es socix da AAAG, so tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme”. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.
Reserva praza e forma de pago
Comunicarase a listaxe de admisión o mércores 1 de xuño. Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma de pago
No caso de non acadar solicitudes suficientes a organización poderá suspender a realización do obradoiro.