Obradoiro intensivo para actores e actrices profesionais. Metodoloxía Bayonas.

Lorena Bayonas ofrece un espazo libre de adestramento para actores e actrices profesionais que necesiten refrescarse no artístico desde un lugar de investigación e creatividade; e para actores xa formados no momento previo a lanzarse cara a súa carreira profesional.

Unha oportunidade de coñecer a metodoloxía "Bayonas" baseada nas técnicas aprendidas dos seus mestres de actuación (Zulema Katz, William Layton, Cristina Rota Juan Carlos Corazza entre outros), a súa formación humanista (Gestalt e Claudio Naranjo) e a teoría musical. Con esta metodoloxía mistura estes ingredientes poñendo o foco na creación de personaxes e en darlle vida e musicalidade a un texto.

Datas e duración:

O obradoiro ten unha duración de 20 horas, o venres 9 de decembro .de 16h a 21h, o sábado 10 de 10h a 14h e de 15h a 21h e o domingo 11 de 10:00h a 15:00h

Lugar:

Sede de SGAE en Santiago de Compostela Rúa das Salvadas 2A, Parque Vista Alegre https://goo.gl/maps/Ubwr42i65W32

Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 16 prazas, mais 10 para oíntes. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As prazas de oíntes están reservadas aos socios da AAAG

Prezo:

60 euros socixs da AAAG e/ou AISGE. 135 euros non socios. 40 euros oíntes.

Inscrición:

Desde o 24 de outubro ás 14h ata o 2 de novembro ás 15h. a través do formulario que figura na cabeceira desta páxina ou enviando o formulario de inscrición anexo debidamente cuberto, xuntando curriculum vitae á caixa de correo info@aaag.es.

Se es socix da AAAG, so tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva praza e forma de pago

Comunicarase a listaxe de admisión o 3 de novembro ou antes no caso de cubrir todas as prazas. Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma de pago.

No caso de non acadar solicitudes suficientes a organización poderá suspender a realización do obradoiro.