Introdución
Unha palabra, unha frase, pode dicirse de mil maneiras diferentes. Para quen escoita, o receptor, o público, os fregueses, os seguidores dun líder ou os espectadores dunha obra de teatro, máis determinante QUE O QUE se di, é o COMO se di. Ensinantes de calquera disciplina, oradores, actores, predicadores, sacerdotes, vendedores, chamáns, etc. teñen como obxectivo persuadir, convencer de algo sexa cal fose o discurso.
Son escasos os que gozan do magnetismo e do don da comunicación por natureza, todos estamos cheos de malos hábitos. Do que se trata é de facer consciente o mecanismo da fala, por unha parte desfacendo ditos malos hábitos, e por outra, aprendendo a incorporar as técnicas correctas. Existen moitos profesionais da voz que non son conscientes de que SI o son ou deberían selo, ao ser esta o seu principal instrumento, a súa ferramenta de traballo. Cultivala e educala non deberían ser unha opción ou un hobby, senón unha responsabilidade.
Obxectivos:
- Repasar, poñer a punto e corrixir, se fose necesario, aquelas técnicas vocais adquiridas durante o período de formación.
- Dedicar tempo á investigación coa finalidade de ampliar o coñecemento da voz.
O primeiro obxectivo leva a creación dunha Táboa de Traballo, cuxo contido se inspira nos tres aparellos da voz:
- Aparello respiratorio.
- Aparello fonador.
- Aparello resoador.
O segundo fomenta a evolución do nivel de coñecemento e o enriquecemento da materia:
- Percepción da voz como parte dun TODO
- Descubrimento de novos caracteres da sonoridade.
- Volume, proxección, dirección e organicismo do conxunto sonoro no espazo físico.
Ortofonista e pedagogo. No ano 1966 comeza os seus estudos de canto, piano, solfexo e harmonía no Real Conservatorio de música de Madrid (baixo a dirección dos profesores: Navarrete, Soriano, Esbrí e Domingo Cantos) ata os estudos superiores.
Completa a súa formación cos mestres Pilar Francés, Luis Lozano Virumbrales, José Luis Ochoa de Olza, Queta Mouse e Lidia Hatín.
En 1972 comeza os seus estudos vocais na disciplina de ortofonía e dicción, baixo a dirección dos mestres: Ava Adler, Pilar Francés, Rosalía Prado e Agustín García Calvo; especializándome en patoloxías vocais da man do Dr. López Rico, especialista en otorrinolaringoloxía e no campo da voz.
Como pedagogo exerceu a súa profesión na Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid e na Escola Music Box. Fundou en Madrid a ‘Escola de Música e Teatro Orfeo’ así coma o ‘Gabinete de voz e teatro Tántara’, en Santiago de Compostela e Madrid.
Ten impartidos cursos de ortofonía e dicción en centros de dobraxe en Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, San Sebastián, Salamanca, A Coruña, Córdoba, Valencia, etc. Ditou másteres na Facultade de Ciencias da Comunicación de Salamanca e na Universidade Complutense de Madrid, así coma cursos intensivos en formación vocal a profesor@s, avogad@s,polític@s, etc.
Tamén realizou traballos profesionais en dirección vocal para o Teatro Nacional María Guerrero, Teatro Español, Teatro Nacional da Zarzuela e outros, formando equipo con directores coma Carlos Kreus, José Luis Gómez, Elena Pimenta, Miguel Narros, Ángel Gutiérrez, Francisco Nieva, David Perrin (director da Royale Shakespeare Company), etc. E no cine realizou traballos vocais baixo a dirección de Pedro Almodóvar.
Membro do grupo de investigación Afonso X O Sabio, durante doce anos, dedicado á transcrición e á interpretación do patrimonio musical medieval e renacentista español.
Recentemente, traballou como intérprete na ópera ‘A-babel’ baixo a dirección do propio compositor Carlos Galán. Así mesmo, na zarzuela ‘Luisa Fernanda’, baixo a dirección de Luis Olmos. Ambos os traballos realizados no Teatro Nacional da Zarzuela de Madrid, Teatro Campoamor en Oviedo e Teatro da Maestranza en Sevilla.
Datas e duración:Curso trimestral de 24 horas de duración repartidas en 12 sesións de traballo, unha semanal todos os luns, en horario de 10:30h a 12:30h. do 23 de xaneiro ao 10 de abril de 2017
Lugar:
Sede da Fundación AISGE en Santiago de Compostela. Rúa do Monte dos Postes 14. https://goo.gl/maps/Zx4vFJRa5Bu
Prezo:
90 euros para socixs da AAAG e/ou AISGE, coa posibilidade de facer o pago fraccionado. Se levas no paro 6 meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, tés unha redución do 50% no prezo. Terás que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da túa vida laboral para accederes a este desconto.
Prazas e selección de candidatos:
Este obradoiro ten 16 prazas. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición e, segundo se vaian cubrindo, comunicarémonos coa persoa inscrita para acordar o pagamento.
Inscrición:
Do 26/12/2016, ás 16:00h ao 12/01/2016 ás 14:00h, a través do formulario da parte superior desta páxina.
No caso de non acadar solicitudes suficientes a organización poderá suspender a realización do obradoiro, reintegrando os pagos feitos de ser o caso.