Conferencia-Demostración e Seminario práctico intensivo con “El Rayo Misterioso”

Impartido polo Grupo Laboratorio de Teatro El Rayo Misterioso (Rosario-Arxentina).

Dirección: Aldo El-Jatib.

Coordinación Pedagóxica e Demostración: María de los Ángeles Oliver, Ada Cottu e Sebastián Arriete.

9 e 10 de outubro/Santiago de Compostela

Obxectivos:

Dirixida a actores, bailaríns, directores, estudantes de teatro, durante a conferencia realizarase un percorrido polas diferentes formas de tratamento que deron ás accións físicas os traballos de Constantin Stanislavski, Vsevolod Meyerhold, Jerzy Grotowski, ata arribar á técnica propia de “El Rayo Misterioso”, realizando ademais demostracións técnicas de xeito que se perciba desde a práctica o que se mostra teoricamente.

Durante o seminario ofrecerase, mediante exercicios, un panorama sobre o adestramento psicofísico do método de traballo do grupo “El Rayo Misterioso”, desde o punto de vista técnico, ético e dinámico.

Contidos, datas e duración

Conferencia – Demostración: “De la Acción de Gracias al Efecto Fantasmal de Encantamiento”

Lunes 9 de outubro de 10:30h a 11:30h

Antecedentes das primeiras vangardas: Sturm und Drang e Romanticismo.

Primeiras Vangardas: Os Meininger (o grupal). Théatre Livre (a posta en escena). Alfred Jarry (a Escrita Dramática). Stanislavski (a Técnica Actoral).

Evolución das Accións Físicas: Stanislavski. Meyerhold (a biomecánica). Grotowski (a vía negativa). Artaud (as Técnicas Arcaicas para lograr o Éxtases). El Rayo Misterioso (a Acción de Gracias). Teatro Quántica (o Teatro Fantasmal).

Seminario práctico sobre la técnica actoral de El Rayo Misterioso:

Luns 9 de outubro de 11:30 a 13:30h

Martes 10 de outubro de 10:30h a 13:30h

Programa do seminario:

1. ENBIOM (Entrenamiento Bioenergético del Movimiento) Estimula e desenvolve os aspectos cognitivo, motor, rítmico e as destrezas de flexibilidade, equilibrio, axilidade, coordinación, forza e resistencia, e fundamentalmente adestra a disociación enerxética e motora, necesaria na preparación do actor ou bailarín. Coordinación. Disociación. Espazo. Vontade. Disciplina. Articulacións. Impulso/Contra-impulso. Velocidade. Precisión. Continuidade enerxética en movemento. Recorrido. Direccionalidade da enerxía. Ocupación do espazo. Estilos: Aguia, Dragón, Grulla, Leopardo, Mantis, Bolboreta, Mono, Serpe e Tigre.

2. Adestramento bio-enerxético da expresión: Centrándose na amplificación das capacidades expresivas do actor, desenvolve os sentidos, a sensación, a percepción, o auto-coñecemento, a emoción, a imaxinación, o son e o ritmo. Tensión/Relaxación. Enerxía catártica. Hixiene Psíquica e Expresión. A Atención. A Concentración. A Emoción. O Son.

3. Metodoloxía da presenza escénica: Campos de atención para a concentración. Presenza escénica. Transdución perceptiva. A percepción. A disciplina creativa. Acción/Reacción. Cotidianeidade e Extra-cotidianidade. A presentación. Creación da soidade pública. A experiencia extática e a catarses. Construción da Acción de Gracias.

Os docentes

Fundado, e dirixido desde 1994 por Aldo El-Jatib, o Grupo Laboratorio de Teatro EL RAYO MISTERIOSO é unha Compañía de Teatro Independente. O seu obxectivo principal é atopar novas formas de expresión teatral e o desenvolvemento do nivel expresivo do actor. Con sede na cidade de Rosario, Arxentina, desenvolve un Proxecto Cultural con diversas actividades como produción de espectáculos, Talleres e Seminarios Internacionais de Teatro, Edición de Libros e Revistas especializados, Sala de Teatro e a organización anual dun Encontro Internacional de Grupos de Teatro.

O Director:

Aldo El-Jatib é actor, autor, pedagogo, director e investigador teatral. Despois de licenciarse na Escola Nacional de Arte Dramático de Bos Aires, funda e dirixe o TAIET (Taller de Investigación e Experimentación Teatral) durante dez anos. Ten ditado talleres, seminarios e conferencias en España, Francia, Italia, Alemaña, Croacia, México, Ecuador e, en Arxentina, recibiu a estudantes de máis de 15 países, así como dirixido varias publicacións teatrais e participado en diversos festivais de teatro en todo o mundo. Con dous libros publicados no seu haber, dirixe a Revista de Investigación Teatral "Teatro Truenos & Misterios". Actualmente é director do Festival Internacional “Experimenta Teatro” e traballa nun proxecto de investigación xunto ao Grupo Laboratorio de Teatro "EL RAYO MISTERIOSO" o cal dirixe desde a súa fundación en 1994.

Máis Información de toda a actividade do Grupo en

http://www.elrayomisterioso.org.ar/espanol/index.htm

Lugar:

Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. http://goo.gl/maps/LO3pb

Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 16 prazas. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Prezo:

Socixs AAAG: 30 euros

Non socixs: 60 euros

Inscrición:

Desde o venres 22 de setembro ata o luns 2 de outubro ás 15h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina

Se es socix da AAAG, so tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva praza e forma de pago

Comunicarase a listaxe de admisión o martes 3 de outubro. Ás 16 primeiras solicitudes adxudicaráselle praza. De haber máis solicitudes que prazas constituirase unha lista de espera.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pago. No caso de que algunha das persoas admitidas non efectúe o pago nas datas indicadas a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non acadar solicitudes suficientes a organización poderá suspender a realización do obradoiro.