Metodoloxía
Este obradoiro fundaméntase na aprendizaxe dunhas persoas das outras, na experiencia práctica, con dinámicas de grupo e exercicios que son simulacións, e no que a meirande parte da teoría vaise extraendo da práctica. Todo está pensado e se executa dende a perspectiva de xénero aplicada á comunicación pública.
Contidos
- A linguaxe como representación da realidade.
- A linguaxe como creadora de realidades.
-As mulleres e os homes no discurso público, na historia e na actualidade.
-A teoría da comunicación, a importancia do contexto, e a teoría da intelixencia creadora.
-Características do discurso oral.
-Como elaborar un discurso oral eficaz e inclusivo para comunicarnos, e que nos represente.
-Características da comunicación corporativa.
-Como traballar cunha comunicación corporativa inclusiva.
-Modelos de comunicación patriarcais e non patriarcais.
-A empatía e a asertividade. Non só as palabras comunican.
-Técnicas de improvisación na comunicación pública.
-Técnicas e trucos para facer das nosas linguas medios inclusivos.
Hai que ter en conta que esta é unha actividade moi participativa, na que as necesidades do propio alumnado van dictando o guión final.
A docente
Llerena Perozo Vigo, 1974.Feminista. Especializada en comunicación e a súa relación con xénero, cultura e medio ambiente. Traballa en Versátil Servizos Editoriais e o seu selo Auga Editora. Dende 2001 imparte o curso de comunicación oral para mulleres, e dende 2012 faino, alén doutros encargos (Concello de Vigo, Concello de Ourense, diversas asociacións e colectivos, sindicatos, etc.), de xeito regular e en convocatorias abertas na Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Ademais imparte conferencias sobre comunicación e xénero a demanda, e obradoiros relacionados con esta temática ou con especificidades da mesma.
Datas e duración
Dúas sesións de 4 horas o 15 e 17 de outubro, en horario de 15h a 19h. 8 horas
Lugar:
Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. http://goo.gl/maps/LO3pb
Prazas e selección do alumnado:
Este obradoiro ten 15 prazas. A admisión no obradoiro farase por orde de inscrición.
Prezo
Socixs AAAG e /ou AISGE: 15 euros
Non socixs: 30 euros
Inscrición
Desde o 17 de setembro ás 12 horas ata o 8 de outubro ás 15h. a través do formulario ao que se accede a través do botón "inscribirme" na parte superior desta páxina (só dispoñible a partir da hora sinalada)
Se es socix da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.
Reserva de praza e pagamento
Comunicarase a listaxe de admisión o 9 de outubro. De haber máis solicitudes que prazas constituirase unha lista de espera.
Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pagamento. No caso de que algunha das persoas admitidas non o efectúe nas datas indicadas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.
De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.