Hai situacións que só existen na imaxinación: un coello branco con chaleco que corre mentres mira o reloxo porque chega tarde, o retrato que envellece e se transforma mentres o modelo se conserva eternamente fermoso, eternamente novo, mulleres con cola de peixe que cantan para perder os mariñeiros, raparigas que se converten en árbores, silvas que arden sen consumirse mentres ditan mandamentos… a nosa cultura, a nosa literatura, o noso folclore están cheos destes personaxes, destes sucesos imaxinarios.
O teatro non é alleo ao imaxinario: pantasmas que desvelan asasinatos, bruxas que predín sucesos e se esvaecen no aire, flores máxicas e artesáns con cabeza de burro ou nenos e gatos mortos que conversan.
Pámpanos e Cascabeles, o neno e a gata morta ou Mari Gaila co Trasgo Cabrún son algúns dos personaxes nados do imaxinario no século XX, personaxes e situacións imposibles, pero cheas de simbolismo, forza e poesía.
A docente, Laila Ripoll
Ademais de directora teatral, é dramaturga e actriz. Recibiu, entre outros, o Premio Max, o Premio Nacional de Literatura Dramática, o “Ollo Crítico”, o “José Luis Alonso”, o “Cidade de Palencia” ou a Homenaxe da Mostra de Teatro Español de Autores Contemporáneos. Ripoll formou parte do Consello Asesor da Compañía Nacional de Teatro Clásico ( CNTC) e do Consello do Teatro do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música ( INAEM).
En 1991 funda Micomicón onde dirixiu máis de vinte espectáculos. Desde esa data desenvolveu un traballo de investigación e recuperación dos textos do Século de Ouro español, con especial atención a Lope de Vega. Con Micomicón viaxou por toda Iberoamérica. O contacto coa realidade dese continente deixou unha pegada profunda no seu teatro. É autora de máis de vinte textos teatrais, ademais de versións e adaptacións de textos clásicos e contemporáneos.
Entre as súas últimas obras destacan La judía de Toledo (de Lope de Vega, CNTC, 2017); Cáscaras vacías (de Laila Ripoll e Magdalena Labarga, CDN, 2016); Cervantes ejemplar (Laila Ripoll e Mariano Llorente, 2016); El triángulo azul (Mariano Llorente, CDN, 2014); Paradero desconocido (Kressmann Taylor, 2012).
Datas e duración:
Do 16 ao 20 de xullo de 2018, en horario de 10h a 14h. 20 horas
Lugar:
Auditorio Manuel María da Casa da Cultura de Ribadavia. Rúa Redondela s/n 32400, Ribadavia MAPA
Prazas e selección de candidatos:
Este obradoiro ten15 prazas activas e 15 para oíntes. A admisión no obradoiro farase mediante valoración por parte da docente dunha carta de motivación que teredes que anexar á vosa solicitude de inscrición, ou enviar á caixa de correo info@aaag.es.
Prezo:
Socixs AAAG e /ou AISGE: 60 euros
Se levas no paro 6 meses ou traballastes 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% no prezo. Terás que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da vida laboral para accederes a este desconto.
Non socixs: 90 euros
Oíntes: 30 euros
Inscrición:
Desde o 19 de xuño ata o mércores 4 de xullo ás 15h. a través do formulario ao que se accede a través do botón "inscribirme" na parte superior desta páxina (só dispoñible a partir da data sinalada)
Se es socix da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.
Reserva praza e forma de pago
Comunicarase a listaxe de admisión o 9 de xullo. De haber máis solicitudes que prazas, constituirase unha lista de espera.
Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pagamento. No caso de que algunha das persoas admitidas non o efectúe nas datas indicadas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.
De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.