Curso de creación teatral con Diego Lorca (Titzina Teatro)

Baixo o patrocinio da Fundación AISGE e coa colaboración da AGADIC-Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura, convocamos este obradoiro do 3 ao 6 de xuño en Santiago de Compostela

Introdución

O CREADOR ESCÉNICO

Un individuo en disposición de observar para xerar daquela un resultado escénico. Un acto que será observado por alguén a modo “público”.

O individuo escénico pódese definir como actor, dramaturgo ou director. Tamén pode titularse co resultado das combinacións múltiples xurdidas destas definicións esenciais.

Pero hai unha realidade que é inescusable ao enfrontarse á arte escénica e iso é a obrigación de crear.

Créase desde moitos puntos e con múltiples ópticas, todas elas validas se consegue saciar ao observador final. Pero non hai que esquecer que esta creación vese suxeita a unhas leis fundamentais, como o lugar, o acontecemento e o tempo que mostra esa ficción creada. Este encontro pretende centrarse na capacidade de crear de cada un dos participantes desde as súas distintas e persoais ópticas. A observación, a transposición do real á ficción, a potenciación do conflito e o sentido rítmico e estético para chegar a un resultado da arte escénica.

O actor, o director, o dramaturgo ou o interesado pola creación escénica ten cabida neste encontro creativo con Diego Lorca e Pako Merino, actores, directores e dramaturgos, creadores escénicos en definitiva.

Obxectivos

1. - Coñecer todos os pasos dun proceso creativo teatral, nun espazo reducido de tempo, segundo os métodos de traballo da compañía Titzina.

2. - Desagregar por etapas algunha creación da compañía, ao mesmo tempo que os participantes do curso experimentan eles mesmos cada un dos pasos necesarios para crear unha obra de teatro.

Baseándonos no método creativo de TITZINA TEATRE, propoñemos unhas sesións de traballo que motiven aos seus participantes para mostrar o seu propio universo creativo sen complexos e facendo posible a perda do medo para lanzarse ao baleiro.

Mostrar as ferramentas básicas para a transposición teatral a partir da observación do cotián que nos rodea.

E conseguir organizar esta experiencia nunha pequena presentación.

Etapas da creación Titzina teatre

-Decisión do tema inspiratorio para a creación.

-Procura de información (bibliográfica, imaxes, plástica).

-Análise de información recompilada.

-Observación dos lugares e as rutinas onde convive o tema.

-Presentación teatral das situacións observadas (para que xurdan posibles desenvolvementos e empatía actoral coas situacións)

-Discriminación do material recompilado en base aos criterios da linguaxe teatral.

-Potenciación das situacións elixidas como válidas.

-Traballo de escritura e creación trama.

-Posta en escena.

Reparto do traballo por sesións

1ª SESIÓN: Xogo actoral + eleción do tema de creación.

2ª SESIÓN: Traballo bibliográfico + Observación e mostra do cotián.

3ª SESIÓN: Adaptación da observación ao estilo propio de cada creador+ Potenciación das posibles situacións de conflito ou de interese.

4ª SESIÓN: Discriminación do material en base a criterios de teatralidade, interese e nivel de conflito + Creación trama.

O docente

Diego Lorca (Cerdanyola del Vallès) iníciase nas linguaxes teatrais en diversas escolas de Barcelona como “ Estudis de Teatre”, afianzando o seu interese pola creación na Ecole Internacionale de Theatre Jacques Lecoq (París).

É fundador da compañía Titzina onde fundamentou o seu estilo como Dramaturgo, director e intérprete. É creador de Folie a Deux (Soños de Psiquiátrico), Entrañas, Exitus, Distancia sete minutos e A Gabia.

Colabora puntualmente con outros proxectos no ámbito da pedagoxía, audiovisuais, escritura e creación teatral. Tamén a xestión e produción centraron o seu interese, desenvolvendo aplicacións e metodoloxías para o ámbito cultural.

Datas e duración:

Do 3 ao 6 de xuño de 2019, en horario de 10h a 14h e de 16h a 19h. 28 horas

Lugar:

Sala Seminario do Edificio Museo de Galicia, na cidade da cultura en Santiago de Compostela. Monte Gaiás s/n https://goo.gl/maps/eFfXxsXUFu92

Prazas e selección do alumnado:

Este obradoiro ten 20 prazas. De houber máis solicitudes que prazas adxudicaranse as prazas mediante sorteo con preferencia aos membros da AAAG

Prezo:

Socixs AAAG e /ou AISGE: 75 euros

Se levas no paro 6 meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, o prezo é de 40 euros. Terás que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da vida laboral para accederes a este desconto, exclusivo para socixs da AAAG.

Non socixs: 120 euros

Inscrición:

Desde o 20 ata o 23 de maio a través do formulario que figura na parte superior desta páxina

Se es socix da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva praza e forma de pago

Comunicarase a listaxe de admisión o venres 24 de maio. De houber máis solicitudes que prazas constituirase unha lista de espera.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pagamento. No caso de que algunha das persoas admitidas non o efectúe o pago nas datas indicadas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.