“Escena e realidade – práctica e experiencia’” con Alicia Laguna (Teatro Línea de Sombra, México).

En colaboración coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e co patrocinio da Fundación AISGE presentamos este taller de 12 horas dirixido a intérpretes profesionais, que terá lugar do 19 ao 21 de xullo dentro da programación da MIT

Introdución

A compañía Teatro Línea de Sombra (TLS) fixo da súa práctica un traballo baseado no recoñecemento de que, na actualidade, os campos de acción do actor/da actriz multiplicáronse en campos diversos. Á compañía interésalle particularmente a idea de actor/actriz como constructor/a de presentes e considera que o seu traballo teatral pode ser entendido como a auto-comparecencia do suxeito que se presenta en escena, onde o que se pon en xogo non é a realidade da súa vivencia, senon os efectos que a realidade ten provocado na súa propia vivencia.

Contidos

No taller, proponse un encontro cos participantes para elaborar una revisión das experiencias do teatro que ten una mirada sobre materiais da realidade, sexa documento, arquivo, imaxe, obxectos, relatos, testemuños… que son posibles puntos de partida para atopar outro lugar dentro dunha construcción teatral ou escénica, prestando atención a como establecemos límites e tensións entre realidade e ficción no vínculo de procesos a través dos materiais.

Alicia Laguna

Artista escénica, curadora e productora. Formada na Universidade de Nuevo León en Monterrey al norte de México.

Co- directora artística de Teatro Línea de Sombra dende 1993.

Actriz da compañía e creadora de pezas producidas dende hai máis de dez anos que amosan contextos da realidade social e política de México e coas que percorre Europa, Sudamerica, Canadá, USA, Corea, China ou Rusia. É produtora da compañía, así como de outros espectáculos de gran formato fóra dela.

Colaboradora de Transversales Encuentro Internacional de Escena Contemporánea dende e seu inicio en 1998.

Como actriz participa en películas como ¨Norteado¨ dirigida por Rigoberto Perezcano. Gaña o premio a mellor actriz no Festival de Cine de Abu Dabhi. É creadora xunto coa directora de cine Maria Berns da película experimental ¨So Long¨.

Participa no deseño e desenvolvemento do proxecto ‘Amarillo en la ruta migrante’, proxecto desenvolvido pola compañía dende hai seis anos na ruta que os migrantes centroamericanos percorren no seu paso por México aos Estados Unidos.

Con Tamara Cubas, coreógrafa e artista visual, e Zuadd Atala crea a peza ‘La Brisa’, que forma parte do repertorio da compañía, partindo dunha investigación sobre un bar desaparecido en Ciudad Juárez (frontera al norte de México) nos anos 90.

Datas e duración:

Do 19 ao 21 de xullo de 2019. Venres 19 de 16h a 18h (introdución ao taller), sábado 20 e domingo 21 de 10h a 15h. 12 horas.

Lugar:

Auditorio Manuel María da Casa da Cultura de Ribadavia. Rúa Redondela s/n 32400, Ribadavia MAPA

Prazas e selección do alumnado:

Este obradoiro ten 12 prazas. A admisión no obradoiro farase mediante valoración por parte da docente dunha carta de motivación que teredes que anexar á vosa solicitude de inscrición, inserir no formulario de inscrición, ou enviar por email a info@aaag.es.

Prezo:

Socixs AAAG e /ou AISGE: 50 euros

Se levas no paro 6 meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, o prezo é de 25 euros. Terás que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da vida laboral para accederes a este desconto, exclusivo para socixs da AAAG.

Non socixs: 75 euros

Inscrición:

Desde o 1 de xullo ata o 8 de xullo ás 15h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina.

Se es socix da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva praza e forma de pago

Comunicarase a listaxe de admisión o 12 de xullo. De haber máis solicitudes que prazas constituirase unha lista de espera.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pagamento. No caso de que algunha das persoas admitidas non o efectúe nas datas indicadas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.