Taller de interpretación diante da cámara con Cristina Alcázar. 4 e 5 de novembro / Santiago de Compostela

Neste taller investigarase e ofreceranse ferramentas que favorecen a interpretación diante da cámara. A posibilidade de adestrar no medio audiovisual, moitas veces depende de acceder ou non a papeis televisivos ou cinematográficos. Aquí investigaremos, probaremos e traballaremos para ter ferramentas e SER libres diante da cámara.

O CORPO, A PALABRA E A ACCIÓN.

Crearemos un lugar para buscar, atopar, xogar, equivocarse, desfacerse do que non nos permite brillar, atopar novos sitios onde facelo.

Desde o proceso de rodaxe e análise das secuencias gravadas, extraeranse tamén conclusións que axuden ao alumnado a coñecer cales son as súas principais dificultades.

O aquí e o agora.

Método:

Este taller baséase na práctica.

Daranse algúns conceptos moi básicos (especialmente todo o que ten que ver coa acción ou obxectivo) e repasaranse outros que calquera estudante de interpretación debe coñecer dabondo (antecedentes, estado de ánimo, etc...), pero que a miúdo malinterpreta, ou ben esquece cando entra nun set de rodaxe. Unha vez feito isto, o traballo consiste en traballar, ensaiar e rodar unhas secuencias de guións actuais. Secuencias escollidas non só polo seu valor cinematográfico, senón sobre todo polas características dos personaxes e das accións que esixen aos intérpretes. A partir de aí gravaranse, analizaranse e estudaranse os problemas técnicos de cada actor/actriz co traballo.

Desde o proceso de rodaxe e a análise das secuencias gravadas, extraeranse conclusións que axuden ao alumnado a coñecer cales son as súas principais dificultades. Farase un seguimento persoal con cada un.

A docente

Formada e licenciada na Escola de Arte Dramática de Murcia, cidade á que se despraza desde a súa Elxe natal, Alcázar dá os seus primeiros pasos como actriz no teatro, participando, mentres continúa a súa formación académica, en numerosas montaxes estreadas na capital levantina que lle serven de preparación para o seu definitivo salto profesional a Madrid, onde trasládase para participar na adaptación sobre as táboas de "El otro lado de la cama", o afamado musical cinematográfico dirixido por Emilio Martínez Lázaro. Esta función, asinada por David Serrano, serve a Alcázar como pistoletazo de saída a unha sólida traxectoria teatral na que se suceden éxitos como "Desnudas" e "La felicidad de las mujeres", ambas as dirixidas por Roberto Santiago, "Perversiones sexuales en Chicago”, "La vida resuelta” e “Palabras Encadenadas” ás ordes de Juan Pedro Campoy e "El manual de la buena esposa" montaxe no que a actriz, baixo a dirección de Quino Falero, e “Placeres Íntimos” de Lars Norén dirixida por José Martret coa que forma parte tamén da produción. Alcázar foi socia e fundadora da produtora Maldita Tú Eres.

En cine películas como "El club de los suicidas”, “El Penalti más largo del mundo”, “Al final del Camino” e “El sueño de Iván” todas de Roberto Santiago, "Animales de compañía" de Nicolás Muñoz, "7 minutos" de Daniela Fejerman, “Salir Pitando” de Álvaro Fernández Armero, “La Sexta Alumna” de Benja de la Rosa. En 2017 recibe o Premio Aisge á mellor interpretación feminina por Cachorro de Jesús Rivera. O Festival de Sitges acollerá a estrea da súa última película, “La Pasajera” de Raúl Cerezo e Fernando González Gómez.

En televisión participou en series como "Cuestión de sexo", "Física o química", "Los Quién", "Gym Tony”, “Terror y Feria”, “Amar es para Siempre”, “Cardo”, “La Templanza” e “Cuéntame como pasó” que actualmente se atopa en plena rodaxe da súa XXII tempada.

No 2011 estreouse como directora coa curtametraxe “Aunque todo vaya mal” co que gañou entre outros o Premio á mellor curtametraxe de Comedia Internacional do Festival The Indie Gathering (EEUU).

No 2016 gañou o seu primeiro premio do público á mellor longametraxe Nacional no Festival de Cinema de Madrid-Plataforma de Novos Realizadores coa súa primeira longametraxe-documental como directora “Piensa, Observa y Respira”.

Desde o 2013 dedica unha parte do seu tempo ao labor de formación de actores, asumindo a dirección do Mestrado de “Actuación en Teatro, Televisión y Cine” da TAI, colaborando en escolas como Primera Toma, Mujeres con Gesto e actualmente no Estudo de Juan Codina

Datas e duración:

Sábado 4 de novembro de 10h a 14h e de 15:30h a 19:30h

Domingo 5 de novembro 10h a 14h

12 horas

Lugar:

Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. MAPA

Prazas e selección do alumnado:

Este taller ten 20 prazas activas. A selección realizarase por Cv e perfil. Coa preinscrición deberedes achegar currículo e foto recentes.

O alumnado seleccionado deberá memorizar varios textos facilitados pola docente.

Prezo:

Socixs AAAG e /ou AISGE: 90 euros

Se levas en paro 6 meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% no prezo. Terás que presentar documentación que xustifique a situación para acceder a este desconto, exclusivo para o corpo asociativo da AAAG

Non socixs: 150 euros

Inscrición:

Desde o 25 de setembro, luns, ata o 30 de outubro, luns, ás 10h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina

https://aaag.gal/actividades/56/interpretacion-camara-cristina-alcazar

Se es membro da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e pulsar “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá nas apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva de praza e forma de pago

Comunicarase a lista de admisión o martes 30 de outubro. De haber máis solicitudes que prazas se constituirá unha lista de espera.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pago. No caso de que algunha das persoas admitidas non efectúe o pago nas datas indicadas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non ter solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do taller.