Queridxs compañeirxs e socixs:
Son Ernesto Chao, o voso novo presidente. Neste primeiro contacto con todos vos quixera pedirvos un pouco de paciencia e que leades con atención algunhas suxestións que me gustaría facer ao comezo desta nova "lexislatura".
Como ben sabedes o pasado día 11 celebrouse no local da Asociación unha Asemblea (ordinaria e mais extraordinaria), cunha asistencia moi cativa por certo, na que entre outros puntos se procedeu á elección da nova xunta directiva. Como non había outra candidatura, loxicamente a que se presentou encabezada por min saíu elixida por unanimidade. Que alegría!
A Directiva, despois doutra nova xuntanza esta vez, xa cos membros da mesma, quedou constituída da seguinte maneira:
-Presidente...................
-Vicepresidenta...............
-Secretaría...................
-Comisión para o Audiovisual...................
-Comisión para o CDG, e AGADIC..............Ernesto Chao, Lucía Sánchez e Xavier Estévez
-Comisión para o Convenio de Teatro...........Diego Freire, Ernesto Chao e Toni Salgado,
-Comisión para Formación.....................
-Comisión para Igualdade.....................
-Comisión para Relacións Institucionais..........Ernest
-Comisión para Relacións coa ESAD..............Laura Miguez, Martín Maez e Machi Salgado
-Comisión para Premios María Casares.........Mabel Rivera e Santi Romay
Como podedes observar procurouse que esta nova directiva estivese formada por actores e actrices de todas as xeracións e de todas as procedencias (autodidactas, diplomados, novos, menos novos e algún que outro dinosauro). Só a través do dialogo entre nós e procurando escoitarnos mutuamente lograremos uns obxectivos comúns e chegaremos a comprender que os nosos intereses (os da profesión) son en definitiva os mesmos, ou deberían selo: Un traballo digno, remunerado como se merece e está establecido, e sempre dentro dos parámetros de calidade que todos desexamos para o noso oficio.
Outro dos temas que me preocupa é a aplicación real dos Convenios, tanto do Audiovisual coma de Teatro. Este último, o de Teatro, está denunciado pola parte empresarial e polo tanto poucas novas vos podo contar de momento, unicamente que en breve nos poremos en contacto con Escena Galega para retomar as conversas. Quede claro que mentres isto non suceda SEGUE EN VIGOR oconvenio de 2009 coas súas correspondentes tarifas que atoparedes publicadas na paxina web da Asociación.
Outro tema, quizais máis escabroso e delicado, é o Convenio do Audiovisual.
O Convenio do Audiovisual é de ÁMBITO ESTATAL e polo tanto de obrigado cumprimento en todo o Estado. Vén de publicarse o convenio para o Audiovisual para 2016 no Boletín Oficial del Estado nº 118 de 16/05/2016 e nel recóllense algunhas novas interesantes que resinarei máis adiante. Aínda que estas novas tarifas están xa publicadas na nosa web gustaríame incluílas acó para que as teñades máis a man. Son as seguintes:
ASPECTOS INTERESANTES:
O actor de REPARTO pasa agora a denominarse actor de SOPORTE, aínda que a categoría segue sendo a mesma. Inclúen unha NOVA e Cuarta Categoría que se denomina PEQUENAS PARTES, aínda que como podedes observar no apartado "De interese" o personaxe de PEQUENAS PARTES non pode superar as 2 (DUAS) liñas de texto por película ou obra completa (enténdase capítulo completo). O personaxe de SOPORTE (antes de Reparto) non pode superar as 20 (VINTE) liñas de texto por película ou obra completa (enténdase capítulo completo). Todo o que pase disto terá que ser SECUNDARIO ou PROTAGONISTA segundo o caso.
OS ENSAIOS: A partir deste novo Convenio os ensaios TERÁN QUE SER PAGADOS: 50€ por sesión Protagonista e Secundario e 40€ sesión actores de Reparto e Pequenas Partes.ASPECTOS INTERESANTES:
O actor de REPARTO pasa agora a denominarse actor de SOPORTE, aínda que a categoría segue sendo a mesma. Inclúen unha NOVA e Cuarta Categoría que se denomina PEQUENAS PARTES, aínda que como podedes observar no apartado "De interese" o personaxe de PEQUENAS PARTES non pode superar as 2 (DUAS) liñas de texto por película ou obra completa (enténdase capítulo completo). O personaxe de SOPORTE (antes de Reparto) non pode superar as 20 (VINTE) liñas de texto por película ou obra completa (enténdase capítulo completo). Todo o que pase disto terá que ser SECUNDARIO ou PROTAGONISTA segundo o caso.
O concepto BAIXO ORZAMENTO só é aplicable ás películas, para TV e Cinema, cun orzamento inferior a 750.000.- € . Están excluídas as series televisivas e os seus capítulos.
O tempo de descanso entre o remate dunha xornada de traballo e o comezo da seguinte pasa a ser agora de 13 (TRECE) horas.
Inclúo tamén neste correo o ANEXO I do Convenio (en español) coa definición dos Grupos profesionais que coido será do voso interese:
A efectos de este Convenio, se establecen grupos profesionales:
A) Grupo profesional actores/actrices: Dentro de dicho grupo se establecen los siguientes papeles:
– Actor/Actriz protagonista: Es el/la o los/las interprete sobre quien recae el peso y desarrollo de la trama/historia principal de una producción, y claramente destacado/s del resto.
– Actor/Actriz secundario: Todo aquel intérprete necesario para ambientar y dar réplica y credibilidad a los actores/actrices protagonistas y principales en el desarrollo de la trama principal o sub-tramas. Su intervención no es vital en el desarrollo de las mismas.
– Actor/Actriz de reparto: Aquellos personajes que no superen las 20 líneas de texto, y con un máximo éstas de 60 espacios mecanografiados, por película u obra completa y que por su presencia escénica en tiempo o en peso específico, no llegan a las características del papel secundario.
– Actor/Actriz de pequeñas partes: Aquellos personajes que no superen las 2 líneas de texto, y con un máximo estas de 60 espacios mecanografiados, por película u obra completa y que con su presencia escénica en tiempo o peso específico, no llegan a las características del papel de reparto.
Para calquera dúbida ou consulta non dubidedes en poñervos en contacto comigo ou con calquera outro/a da Directiva a través da oficina da Asociación. Aquí estamos, pero non esquezades que para lograr os nosos obxectivos teremos que contar coa vosa colaboración.
De todo o referente ao Convenio do Audiovisual enviaremos correos a todas as produtoras do ramo por se non están ao tanto ou non tiveron tempo para lelo.
Unha aperta.
Ernesto Chao