A Asociación
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando os actores, actrices, directores e directoras de Galicia
Nota legal
Esta web é propiedade e está xestionada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (en diante “AAAG”).
Estes son os datos completos da AAAG:
Asociación de Actores e Actrices de Galicia
CIF: G-15.089.410
Rúa Salvadas 2A
15705 Santiago de Compostela
Tlf.: + 34 981 593 829
E-mail: info@aaag.es
Inscrita no rexistro de organizacións empresariais e sindicais da dirección xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia co nº de depósito 82000056
Dereitos e obrigas dos usuarios e usuarias
A utilización de calquera dos servizos ofrecidos na web atribúe, desde o seu inicio, a condición de usuario/a e será considerada aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas Condicións Xerais. Para o acceso aos servizos deste servizo de información e reservas, en todo o que non tiver carácter gratuíto ou impor unha serie de obrigas, o/a usuario/a debe ser maior de idade e dispor da capacidade legal e representación necesaria para realizar as correspondentes reservas. A utilización dos servizos ofrecidos na web implica que o/a usuario/a declara cumprir estes requisitos. O/a usuario/a que acceder á web debe cumprir estas Condicións Xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia axeitada á natureza do servizo do que goza. Así, o/a usuario/a non poderá efectuar modificación nin alteración ningunha dos contidos da web, a excepción dos datos que o/a propio/a usuario/a introducir, nin perxudicará de forma ningunha a súa integridade ou funcionamento. Os datos persoais que deban facilitar os/as usuarios/as para acceder aos mencionados servizos quedarán sometidos á lexislación xeral en materia de protección de datos. Quedarán rexistrados nas bases de datos, propiedade da AAAG, amparadas pola Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal. AAAG poderá suprimir ou suspender o acceso á web do/a usuario/a que incumprir calquera das obrigas expresadas nestas Condicións Xerais. O/a usuario/a que incumprir intencional ou culpabelmente calquera das precedentes obrigas responderá de todos os danos e prexuízos que, como consecuencia, causar á AAAG ou a un terceiro.
Protección de datos
Aos efectos da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informamos o/a usuario/a de que os datos de carácter persoal referentes a persoas físicas, solicitados en calquera das seccións da web, ou calquera outros proporcionados polo/a usuario/a ao longo da relación coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), así como aqueles que se recollan como consecuencia da relación que se estabeleza, serán incluídos en ficheiros de datos de carácter persoal cuxo responsábel é a AAAG, coa finalidade da xestión da Asociación, dos seus servizos, dos dereitos de Propiedade Intelectual dos seus membros, así como o envío de comunicacións varias co fin de mantelos informados das actividades e servizos que realiza a entidade e outras de carácter semellante que poidan ser do seu interese, así como a promoción do perfil profesional dos seus membros con terceiros interesados e o público en xeral a través de distintos medios incluíndo internet.
O tratamento ten igualmente como finalidade remitirlle información sobre bens e servizos que poidan ser do seu interese, ampliar e mellorar os nosos servizos adecuando as nosas ofertas ás súas preferencias ou necesidades, permitirlle unha navegación personalizada, deseñar novos produtos e servizos e o envío de cuestionarios por calquera medio, a contestación da cal é voluntaria, salvo que neles se dispoña outra cousa. Os campos marcados con asteriscos son de carácter obrigatorio, polo que o non preenchimento de ditos campos impedirá o/a usuario/a de gozar dalgúns dos servizos e informacións ofrecidos pola web.
Baseándose niso, o/a usuario/a consente no mencionado tratamento así como, no seu caso, autoriza a que os seus datos, incluíndo a súa imaxe ou outro material audiovisual sobre a súa persoa, sexan tratados do modo descrito e publicados nas webs ou outras publicacións propiedade da responsábel do ficheiro e, así, comunicados a terceiros a través de Internet ou outros medios, co fin de cumprir coa finalidade do ficheiro especificada no parágrafo anterior.
Así mesmo, o/a interesado/a autoriza expresamente á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) a enviarlle información comercial por correo electrónico, en cumprimento do artigo 21 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE).
Os datos persoais solicitados pola AAAG gozarán da protección axeitada conforme ao estabelecido no Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade que desenvolve o artigo 9 da LOPD.
Por medio da aceptación das presentes Condicións Xerais, o/a usuario/a garante que os datos e informacións proporcionados á AAAG a través da web ou por calquera outro medio son os seus propios; no caso contrario, o/a usuario/a garante dispor do consentimento expreso dos/as titulares dos datos e informacións para a súa comunicación á AAAG, co obxecto de que poidan ser incorporados aos nosos ficheiros nas condicións e coas finalidades estabelecidas nas presentes Condicións Xerais. A AAAG, como responsábel do ficheiro, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos datos achegados.
Para facer efectivos estes dereitos o/a usuario/a poderá contactar coa AAAG mediante os distintos medios de comunicación indicados no rodapé desta web.
Responsabilidade da AAAG
A AAAG resérvase o dereito de realizar modificacións na web, así como nestas Condicións Xerais.
Por outro lado, e dada a especial natureza do medio escollido para se comunicar cos/as usuarios/as, a AAAG non poderá asumir responsabilidade:
a) Pola imposibilidade temporal de acceso á web nun momento determinado, ou á información concreta de entre as incluídas na AAAG ou naquelas webs aos que o/a usuario/a acceda mediante enlaces de hipertexto situados na web.
b) Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos subministrados.
Na web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis doada a súa comprensión polo/a usuario/a, polo que a AAAG non se fai responsábel polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte da AAAG no exercicio das súas funcións, tal e como se describen nas presentes Condicións Xerais.
A AAAG non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisíbeis, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do/a usuario/a.
Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio, e calquera outros signos ou elementos susceptíbeis de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte da web son propiedade de AAAG ou de dominio público ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión na web e que figuran como autores/as ou titulares dos dereitos.
En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial de ditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre ditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito de AAAG (no que respecta ao deseño do sitio ou ao uso da marca “AAAG”) ou dos terceiros correspondentes.
As violacións de calquera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial aos que se refire este apartado serán perseguidas mediante as accións penais e civís consideradas na lexislación vixente.
Xurisdición
Todo litixio ou controversia que xurda entre a AAAG e o/a usuario/a sobre a interpretación ou a aplicación destas Condicións Xerais ou, en xeral, relacionado de xeito directo ou indirecto coa utilización dos servizos ofrecidos na web será resolto polos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela e A Coruña.
Como requisito previo ao comezo do litixio, a AAAG e o/a usuario/a obríganse a negociar de boa fe para resolver o litixio ou controversia durante o prazo de un (1) mes contado desde a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.
Comunicacións
Para calquera comunicación que sexa precisa entre a AAAG e o/a usuario/a, este deberá dirixirse ao domicilio indicado da AAAG, mediante calquera dos distintos medios de comunicación (correo certificado ou e-mail) que se indican no rodapé desta web.
As comunicacións da AAAG ao/á usuario/a realizaranse mediante os datos achegados por este/a ao se rexistrar na web ou mediante os datos proporcionados na primeira comunicación enviada polo/a usuario/a.